14 de dec. de 2012

12-12-12

O día 12, ás 12:00 horas, do ano 2012, celebramos no colexio unha pequena conmemoración polo nacemento de Celso Emilio Ferreiro.  Xúntamonos todos no "hall" e vimos un mural sobre o poema "Deitado frete ao mar", feito polo alumnos e alumnas de primeiro ciclo, escoitamos unha pequena biografía contada polo nenos e nenas de segundo ciclo e, finalmente, vimos un power point con imaxes, realizado por 5º, ao memso tempo que os alumnos e alumnas de 6º recitaban o poema elexido para a ocasión, acompañados polo contrabaixo do profe de música.

Este foi, en imaxes, o noso 12-12-12:

30 de nov. de 2012

ACHÉGASE O NADAL


  O Nadal está chegando. Xa o sentimos no ambiente, xa o vemos polas rúas. Logo colocaremos a nosa árbore de Nadal na casa, os calcetíns na chimenea...Pouco a pouco nos estamos preparando para estas datas máxicas. Dende o seu recanto na biblioteca, Flora quere amosarvos algúns recursos e propostas sobre Nadal para facer nas aulas ou na vosa casa.










- PÁXINAS WEB INTERESANTES CON RECURSOS:

    - O APALPADOR:   https://sites.google.com/site/recursosapalpador/

   - NADAL EN GALICIA:  http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/contos_nadal.html


- LECTURAS SOBRE O NADAL:

Flora invítavos a ver xa no seu expositor temático os libros de Nadal que podedes ler na biblioteca ao longo deste mes de decembro. Entre eles recoméndavos:








- GUÍA PARA O NADAL.

Flora propónvos seguir disfrutando coa lectura nestas vacacións de Nadal e para iso elaborou unha pequena guía con recomendacións que vos servirán de axuda para atopar o que vos gustaría ler.
Ademáis, desexa que toda a comunidade educativa  pase un Bo Nadal e teña unha feliz entrada no Aninovo. 

GUÍA NADAL 2012

23 de nov. de 2012

REMATADO O SAMAÍN

Rematado o Samaín, Flora xa se prepara para o Nadal. Pero mentres tanto quere amosarvos as diferentes actividades que fustes facendo ao longo do Samaín: a carreira do medo, os vosos monstros, os marcapáxinas monstruosos, postais....


Esta é unha pequena mostra dos traballos dos nenos no tempo de celebración do Samaín:

5 de nov. de 2012

FLORA NO SAMAÍN






 Estamos en tempo de bruxas, cabazas, monstros e morcegos. O medo é o protagonista da biblioteca. Este curso Flora proponvos rebuscar no cadaleito e atopar o libro máis terrorífico para ler no tempo de lecer. Ademais xa está preparada a II carreira do medo. Lede as pistas e adiviñade de que libro se trata para completar o taboleiro do castelo (infantil) e da cabaza (primaria).
  Tamén atoparedes ao longo desta semana unha exposición dos vosos traballos de plástica na entrada do colexio.
 Ademais coma todos os anos as profes de inglés propóñenvos traer as vosas cabazas personalizadas para a mesma exposición. Cal será a cabaza máis terrorífica? Animádevos  e facede as vosas propias creacións.


   

19 de out. de 2012

SEMANA DA BIBLIOTECA


 Flora convídavos a disfrutar das actividades que preparamos para celebrar a semana da biblioteca do 22 ao 26 de outubro .
 Ao longo desta semana presentarase o blogue da biblioteca a todo o alumnado e ademais, o día 24, atoparedes unha exposición con chuches de personaxes de contos, canapés de títulos, receitas para animar a ler e dietas do bo lector.
 Animádevos a visitar a nosa biblioteca. Flora estavos esperando chea de sorpresas. 
 Este é o resultado dos traballos que os nenos foron facendo ao longo destes días para a exposición








 

28 de set. de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR



Con este cartel, deseñado polo creador galego Andrés Meixide, dase a benvida ao novo curso 2012-2013 dende as bibliotecas escolares.   
 Xa está Flora esperándovos na biblioteca con moitas ganas de que compartades con ela os libros, as novidades e todos os proxectos e actividades que vos vaia propoñendo ao longo do curso.
 O equipo de biblioteca xa está traballando e preparando novas propostas para celebrar a semana da biblioteca este vindeiro mes de outubro.

 ¡ÁNIMO COA LECTURA!

6 de mar. de 2012

1 de mar. de 2012

The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore

ÓSCAR AO MELLOR CURTO DE ANIMACIÓN DA 84ª EDICIÓN.



28 de feb. de 2012

ENTROIDO 2012

Este mes foi tempo de Entroido. No cole celebrámolo cun desfile de disfraces sobre as olimpiadas. Aquí vai unha pequena mostra do que aconteceu este día.




DÍA DA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ





RECOMENDACIÓNS NADAL 2011

Os libros para disfrutar no Nadal

14 de feb. de 2012

entroido

Recompilación de actividades do entroido
Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica