viernes, 28 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR



Con este cartel, deseñado polo creador galego Andrés Meixide, dase a benvida ao novo curso 2012-2013 dende as bibliotecas escolares.   
 Xa está Flora esperándovos na biblioteca con moitas ganas de que compartades con ela os libros, as novidades e todos os proxectos e actividades que vos vaia propoñendo ao longo do curso.
 O equipo de biblioteca xa está traballando e preparando novas propostas para celebrar a semana da biblioteca este vindeiro mes de outubro.

 ¡ÁNIMO COA LECTURA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario