8 de abr. de 2024

LETRAS GALEGAS

 Como ides???

Aínda que estamos en abril e temos por diante a celebración do Día do Libro, hai que ir preparándose para a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano decidiuse dedicarllo a Luísa Villalta. A RAG (Real Academia Galega) xa ten unha entrada dedicada a esta autora: Primavera das letras 2024, con diferentes documentos e actividades, para ir aprendendo cousiñas sobre a autora homenaxeada. Clicade na imaxe para acceder aos mesmos.

                                     Responsive Image   

Ademais, o Seminario Galán ten un montón de actividades. Clicade aquí.

Na Biblioflora tedes, tamén algún libro para seguir aprendendo.


Un percorrido pola súa vida e a súa obra. Inclúe unha presentación audiovisual, a través de código QR, onde a escritora María Canosa fala sobre Luísa Villalta.


Unha biografía de Luísa Villalta, na que mergullarnos nalgunhas das palabras e das músicas, que ela ceibou ao vento, para achegarnos a unha muller polifacética e fascinante.

3 de abr. de 2024

TAMÉN 2 DE ABRIL

Olaaa...

Pois tamén onte, día 2, foi o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 

Como en anos anteriores, o IBBY (International Board on Books for Young People) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre as/os máis novas/os. 

A sección patrocinadora deste ano é Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono, baixo o lema “Navega polos mares coas alas da túa imaxinación”, ilustrado por Nana Furiya. Clica no cartel da campaña para abrir a mensaxe.
                            
            
A viaxar cos libros!!!
  

2 DE ABRIL

 Que tal estades?

De volta das vacacións e temos esperando un mes moi intenso. 

Onte foi o Día Mundial da concienciación sobre o Autismo. 

A campaña deste ano 2024 é "Autismo preto de ti", xa que as persoas con autismo están ao noso lado, máis preto do que cremos e pode que non o saibamos. Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), unha/un de cada 100 nenas/os teñen TEA. Por iso temos que coñecer as características destas persoas para entendelas mellor, a elas e ás súas familias.
Para axudarvos a entender o autismo preparouse un documento con recomendacións de libros (que están á vosa disposición en Biblioflora) e curtametraxes. 
Clica na imaxe do infinito.