Ola, olaaaa
O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación (máis información aqui).
Aquí tedes tamén algúns vídeos para entender mellor de que se fala cando se fala de violencia contra a muller.
Temos tamén algúns libros na Biblioflora
Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experiencias.
Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.
Dicir non e rexeitar contactos desagradables non é fácil. Á infancia segura de sí misma cústalle menos dicir o que quere e o que non quere. Por iso é importante que tod@s tomen conciencia das súas emocións e do seu corpo e contar cun entorno seguro ao que recurrir.
Artur e Clementina son dúas tartarugas que deciden comezar unha vida xuntos e casan. Para Clementina, isto supón renunciar aos soños e á súa propia personalidade. Tras un tempo, o conflito aflora en Clementina, insatisfeita pola súa vida e máis tarde a reacción, unha aposta da protagonista por ser ela mesma . Unha fábula sobre as relacións de parella e sobre a importancia de non anular nin deixarse anular por ninguén e de apostar polo desenvolvemento persoal.
BOAS LECTURAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario