Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECOMENDACIÓNS. Amosar todas as publicacións

19 de dec. de 2023

LEMOS NO NADAL

 Ola rapazada!!!!

Xa estamos esgotando este trimestre!! Que rápido pasa o tempo!!!

Xa estamos rematando os traballos sobre a Historia do Cine. Á volta, exporemos todo para que poidades ver e aprender con todo o que prepararon en todas as titorías.

E... como estamos no mes de Nadal... Propuxemos ás familias que usaran latas para facer un adorno para a entrada do colexio.

Que cousas tan bonitas fixestes !! Aquí o tedes.

E xa que imos ter vacacións, que mellor que acompañarnos dun libro, ou dous, ou tres...

Aquí tedes as recomendacións que preparou a Biblioflora. Clicade para velas mellor.

Bo Nadal, Feliz Aninovo e Boas lecturas !!!



14 de xuño de 2023

LEMOS NO VERÁN

     Que tal???

Xa estamos rematando. Chega o verán e imos ter moito tempo para facer moitas cousas e, entre elas, non debemos deixar de ler. Por iso é que vos propoño lecturas, xogos, cine e música para toda a familia, para poder desfrutar tod@s xunt@s.

                                                                 CLICADE NA IMAXE



 


20 de xuño de 2022

LECTURAS PARA O VERÁN

 Ola amiguiñas e amiguiños!!!

Xa estamos chegando ao fin!!! Vou estar unha tempada sen vervos, pero non quería deixar de ensinarvos algúns libros que creo que vos van gustar moito. Tamén hai música, cine e xogos. E non esquecín ás vosas familias. 


E recordade... HAI QUE COIDAR O MAR!!!!!


20 de dec. de 2021

LECTURAS PARA O NADAL

 Boasss !!!

Xa na recta final !!! Mañá chegan as vacacións de Nadal e, coma sempre, teño algunhas recomendacións de lectura. Espero que desfrutedes destes días coa vosa familia e recordade que sempre hai un momentiño para a lectura, para xogar, escoitar música, ver unha película... Picade na imaxe para ver estas subxestións.

Un bico moi grade para tod@s e FELICES FESTAS E MOI, MOI, MOOOOOOOOIIIIII FELIZ ANINOVO !!!!!

16 de xuño de 2021

LEMOS NO VERÁN

 OLA, OLAA, OLAAA, OLAAAA, OLAAAAA...

Xa temos ganas de ir á praia !! E xa quedan poucos días... 

Xa chegan as vacacións e xa sabedes que se poden facer moitas cousas: ir á praia, xogar, andar en bici, pasear, viaxar... E, como non, ler un libro. 

Por iso, estes días andiven ocupada buscando libros, contos, películas, música, xogos... cos que puidérades disfrutar no verán, xunto coas vosas familias. Así que... aquí tedes as miñas recomendacións. Clicade na imaxe e a "remollarse" cola lectura !!


UN BICO E ATA O PROXIMO CURSO !!!













22 de xuño de 2020

TAMÉN SE LE EN INGLÉS

BOASSSSSSS!!!!!

Marga envíanos estas recomendacións para o verán. Espero que vos gusten!!!





12 de xuño de 2020

OLA, OLA, OLA!!!!
Xa se achega o verán e, coma sempre, gustaríame que dedicárades un tempiño á lectura, á música, ao cine, ao xogo... Por iso, tedes aquí unhas recomendacións para que disfrutedes toda a familia.
Unha aperta moi grande!!!






Aquí está en formato en PDF



16 de dec. de 2019

NESTE NADAL, FLORA RECOMENDA...

Como andades?
Supoño que moi cansas e cansos e pensando xa nas vacacións de Nadal.
Imos ter moito tempo, para xogar, para saír, para falar, para estar coas amigas e amigos, para estar máis tempo coa nosa familia, para escoitar música, para ver películas, para ler... e, tamén, para aburrirnos, por que non? Así que vos deixo aquí as miñas recomendacións, para que as disfrutedes soas /sós ou en familia. 
Que o pasedes moi ben!
Boas lecturas!!
E moi Feliz Aninovo para todas e todos!!!!!