24 de dec. de 2015

OS NENOS E NENAS DO COLEXIO FELICITAN O NADAL


NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO

No mes de Novembro o alumnado de 6º  deunos a coñecer o libro "Caixa de Cartón".

Aquí tedes un vídeo para ver o ben que o fixeron.

DÍA DA CIENCIA

O día 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego. Este ano a homenaxeada  foi María de los Ángeles Alvariño.

Como oceonógrafa que foi o noso colexio decidiu rendirlle unha homenaxe elaborando con plastilina animais mariños. 
Como sempre o resultado final foi exposto na entrada do colexio.
 

8 de nov. de 2015

NOVIDADE DO MES DE OUTUBRO

 "¿Qué te gustaría ser de mayor?" de Violeta Monreal foi o libro que escolleron os alumnos e alumnas de 5º curso para a "Novidade do mes de outubro".

Hai moitos tipos de traballo: fáciles e difíciles, ao aire libre e na oficina; traballos nos que temos que pensar e nos que temos que construír; traballos que son seguros e perigosos; traballos solitarios e nos que se trata coa xente. Os nenos e nenas de 5º pensaron en todos e cada un deles e dicidiron cal é o que lles gustaría ter a eles de maiores. 
Mirade que ben o fixeron e canto nos gustou!!!!!

SAMAÍN 2015

As cabazas fixéronse donas do noso colexio. Os nosos nenos e nenas quixeron celebrar o Samaín.

Como todos os anos estamos a celebrar a Carreira do Medo. Nesta ocasión a dragoa Flora dálles pistas para que busquen uns libros na biblioteca.  Teñen que atopar o libro porque dentro del van atopar unha peza do puzle.

 

23 de out. de 2015

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O sábado 24 de outubro  é a festa de todas as bibliotecas escolares. Todos estes días xa vin como os nenos e nenas do colexio andan buscando pistas por todolos sitios.

A que non vos imaxinades que están facendo? Andan a procura de pistas que lles axuden a atopar o seu explorador ou exploradora.

Agardo para a semana poida ver eses traballiños.

Unha apreta

FLORA

16 de out. de 2015

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

A autora galega, Ledicia Costas, foi galardonada co Premio Nacional de Literatura Intantil e Xuvenil, na súa edición 2015, coa súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

Esta obra conta, ademais, co premio Merlín de Literatura Infantil, o premio Fervenzas Literarias, o premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores e foi incluída na lista de Honra do International Board on Books for young people para o 2016. Os debuxos que aparecen no libro son do ilustrador Víctor Rivas.
Se vos gusta a cociña seguro que vades a desfrutar co libro.

Tamén escribíu, con Pere Tobaruela, Ouro negro.

Na biblioteca podedes atopar calquera dos dous libros.




NORABOA LEDICIA!!!!!

10 de out. de 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este mércores Flora repartiu entre os nenos e as nenas do noso colexio as primeiras mochilas viaxeiras. 
Cada 15 días estas mochilas emprenderan unha viaxe con un novo destino. 
Agardamos que disfrutedes da lectura.

FLORA ABRE DE NOVO AS PORTAS DA BIBLIOTECA

Desde esta semana a biblioteca abre de novo as portas. Flora está agardándovos e  convida a todos os nenos e nenas a que fagan uso da mesma. Sen olvidar que as familias tamén  a poden visitar.

Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruído, un corazón que chora. (Proverbio hindú)