10 de feb. de 2023

AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

 Olaaa!!!

Mañá, 11 de febreiro, celébrase o Día da muller e da nena na ciencia

As Nacións Unidas consideran a igualdade de xénero como un tema central. Esta igualdade dos xéneros e o emponderamento das mulleres e das nenas van contribuír decisivamente no desenvolvemento económico do mundo e no progreso para conseguir os obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (ODS).

Aquí vos deixo algúns vídeos, para animarvos a ser científicas e para que coñezades mulleres que foron moi importantes para o desenvolvemento da ciencia.
 






8 de feb. de 2023

LA CASITA DEL RATÓN

 Como ides???

Hoxe quero ensinarvos un libro novo que temos na biblio...

La casita del ratón, de Jonathan Stutzman e Isabelle Arsenault, de Ediciones Ekaré

la casita del raton-jonathan stutzman-9788412504927 

Vicente é un rato que, alá onde vaia, leva unha casiña ao seu lombo. Poden entrar nela todas as persoas que necesiten un lugar para acubillarse: unha ra cansada, unha familia de ourizos, un gato famento... incluso algúns animais de aspecto temible. E como é posible? Pois... porque a casiña do rato é máis grande do que parece. 

Animádesvos a entrar???

 


CONSTRUÍNDO A PAZ

 Olaaaaa !!!!!

Como ides?  Andiven un puco atarefada estes días, polo que non tiven moito tempo para falar con vós. 

Xa conmemoramos o Día da Paz e pasámolo moi ben, cantando xunt@s a canción "Móvete", de Paco Nogueiras e, logo, disfrutamos coa chocolatada. Xa sabedes que este curso, coa aportación voluntaria, recaudamos fondos para a Asociación AFAN de Burela, que traballa con persoas con Alzheimer.

Ademais, construímos a palabra PAZ con "pezas" nas que escribimos frases relacionadas coa paz e @s s@s autor@s e "pezas" cos nomes de mulleres e homes que traballan ou traballaron pola paz do mundo.

 

E, como dicimos sempre, a PAZ non hai que construíla un só día, senón que debemos "traballar" para que o mundo sexa cada vez mellor para tod@s.