8 de feb. de 2023

LA CASITA DEL RATÓN

 Como ides???

Hoxe quero ensinarvos un libro novo que temos na biblio...

La casita del ratón, de Jonathan Stutzman e Isabelle Arsenault, de Ediciones Ekaré

la casita del raton-jonathan stutzman-9788412504927 

Vicente é un rato que, alá onde vaia, leva unha casiña ao seu lombo. Poden entrar nela todas as persoas que necesiten un lugar para acubillarse: unha ra cansada, unha familia de ourizos, un gato famento... incluso algúns animais de aspecto temible. E como é posible? Pois... porque a casiña do rato é máis grande do que parece. 

Animádesvos a entrar???

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario