23 de feb. de 2022

A NOSA ROSALÍA

 Boasss... 

Hoxe, 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, data na que se conmemora o nacemento da escritora.. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove unha serie de actividades e aquí tedes o cartaz para a edición deste ano. Se picades nel, podedes ler o manifesto redactado pola escritora Beatriz Maceira Abeleira. 


E como sei que vos encanta, déixovos a canción "Rosalía pequeniña", de Uxía, que está recollida no libro-CD do mesmo título.


Déixovos tamén "Has de cantar", para que bailedes e cantedes.








21 de feb. de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana as mochilas están na casa de...




 

DÍA DA INTERNACIONAL LINGUA MATERNA

 Olaaaa, amiguiñas e amiguiños!!!

Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da Lingua Materna, que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999, co obxectivo de impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas con menor número de falantes, na escola, nos medios de comunicación, na internet... Coa celebración deste día, quérese sensibilizar sobre a importancia dos idiomas e da función que desempeñan no desenvolvemento. Cando unha lingua se extingue, mingua a diversidade cultural; pérdense tradicións, lembranzas... Por iso é tan importante coidar a nosa lingua 

Déixovos aquí un enlace con moitas cousiñas,  para que pasedes un momentiño divertido.

E desfrutade, tamén, cantando con Magín a canción "Eu falo así".






18 de feb. de 2022

LEO NON É UN EXTRATERRESTRE

Olaaa rapazadaaaa !!!!

Hoxe tráiovos un libro precioso, Leo no es un extraterrestreda editorial Libre Albedrío e escrito por David Gómez e Susana Peix. Picade na imaxe e teredes unha pequena presentación.


É un libro protagonizado por un neno con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), que non sabe comunicar as súas necesidade nin expresar as súas emocións a través da linguaxe oral. Ás veces, compórtase como un gorila que golpea todo canto se pon ao seu alcance; outras, ponse coma un tigre engaiolado e, en ocasións, "chora un mar". Pero, un día, Leo aprende a comunicarse con palabras, aínda que ningunha sae da súa boca.



17 de feb. de 2022

LECTURA E DIVERSIDADE

 Como ides?

Temos na Biblioflora a maleta viaxeira de Lectura e Diversidade, coa que podedes desfrutar dun montón de materiais (libros e xogos). 




Vide e desfrutade!!

16 de feb. de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Olaaaaa.....

Esta semana, as mochilas viaxeiras foron á casa de...



14 de feb. de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO ASPERGER

 Boassss rapazas e rapaces!!!

Xa sabemos que, aínda que parezamos distint@s, tod@s somos iguais. As diferenzas que pode haber entre nós non se teñen que ver como un problema, senón que teñen que valer para converternos en mellores persoas. 

O próximo 18 de febreiro é o Día Internacional do Síndrome de Asperger. Déixovos uns vídeos para que podades aprender un pouquiño como se senten estas persoas.

Hugo, un amigo con asperger, que nos ensina como son os seus comportamentos, para que podamos entender as diferentes maneiras de ver o mundo.


Mariluna, conta a historia dunha nena chamada Mariluna e de como se relaciona coa súa familia.


Academia de especialistas, que nos fala das capacidades asombrosas que teñen unhas nenas e uns nenos moi especiais.









11 de feb. de 2022

AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

 Boassss....

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, co que se busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero.

Picade na imaxe para acceder a un folleto da Biblioteca Pública de Lugo: "De maior quero ser..."


Aquí vos deixo un vídeo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da USC. 



NUN MAR AZUL

Olaaaa !!!

Seguindo co proxecto do mar, déixovos a canción "Nun mar azul", de Raquel e Chus Domínguez. Está interpretada por Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e Pablo Ces e conta coa colaboración de nen@s do Morrazo. 


9 de feb. de 2022

UN MAR DE PAZ

 Como andades por aí?

Xa sabedes que, por mor da situación sanitaria no noso centro, tivemos que aprazar a celebración do Día da Paz, na que iamos celebrar unha chocolatada solidaria co fin de recaudar fondos para Asociación española contra o cancro. Aínda así, a entrada do cole encheuse das nosas palabras nun "Mar de paz". E que bonito quedou !! É un mar precioso. Pero recordade que esas palabras deben estar sempre con nós. A paz non ten que ser só a celebración dun día, senón que todo o que significa debe acompañarnos todos os días. É a única maneira de conseguir un mundo máis xusto, máis inclusivo, máis sostible, máis saudable... 

Aquí tedes ese Mar de Paz.














Coidemos deste mar !!!






LEMOS DO MAR

Boasss !!!

Hoxe quero falarvos dun libro moi bonito e que atopei na biblio e que xa leva con nós uns cantos anos.. É para @s máis pequen@s e, nel aprenderedes un montón. Trátase de Evaristo, un corvo moi listo, de Manolo Uhía. e da editorial Everest. Cóntanos a historia de Lino, un neno ao que lle gustaba mergullarse no mar e, que, un día, entre as algas, se atopou cun corvo mariño. Fixéronse amigos e Lino chamoulle Evaristo e, xuntos, percorreron o fondo do mar. O corvo ensinoulle un montón de cousas sobre os habitantes do mar.



LECTURA E DIVERSIDADE

 Olaaaa...

Como vades?

Mirade cantas cousiñas nos chegaron na Maleta viaxeira !!! É unha maleta de Lectura e diversidade, que poderemos disfrutar durante tres semanas. Contén materiais moi variados, que permiten o achegamento á lectura ao alumnado con dificultades de compresión lectora.

Aquí tedes a exposición na biblioteca.



Espérovos !!!!