19 de dec. de 2023

LEMOS NO NADAL

 Ola rapazada!!!!

Xa estamos esgotando este trimestre!! Que rápido pasa o tempo!!!

Xa estamos rematando os traballos sobre a Historia do Cine. Á volta, exporemos todo para que poidades ver e aprender con todo o que prepararon en todas as titorías.

E... como estamos no mes de Nadal... Propuxemos ás familias que usaran latas para facer un adorno para a entrada do colexio.

Que cousas tan bonitas fixestes !! Aquí o tedes.

E xa que imos ter vacacións, que mellor que acompañarnos dun libro, ou dous, ou tres...

Aquí tedes as recomendacións que preparou a Biblioflora. Clicade para velas mellor.

Bo Nadal, Feliz Aninovo e Boas lecturas !!!



22 de nov. de 2023

25 DE NOVEMBRO

 

 Ola, olaaaa

O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación (máis información aqui).

Aquí tedes tamén algúns vídeos para entender mellor de que se fala cando se fala de violencia contra a muller.

                                                                         

 Temos tamén algúns libros na Biblioflora

                                                            
Un conto que intenta chamar a nosa atención contra a violencia familiar e de xénero. Ensínanos o que é entender mal a masculinidade, a recoñecer a desigualdade entre homes e mulleres, a ver o maltrato doméstico...                                             

                                                           

Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.
Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experiencias.                                                                     

Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.                                                            

Dicir non e rexeitar contactos desagradables non é fácil. Á infancia segura de sí misma cústalle menos dicir o que quere e o que non quere. Por iso é importante que tod@s tomen conciencia das súas emocións e do seu corpo e contar cun entorno seguro ao que recurrir.                                                                              

Artur e Clementina son dúas tartarugas que deciden comezar unha vida xuntos e casan. Para Clementina, isto supón renunciar aos soños e á súa propia personalidade. Tras un tempo, o conflito aflora en Clementina, insatisfeita pola súa vida e máis tarde a reacción, unha aposta da protagonista por ser ela mesma . Unha fábula sobre as relacións de parella e sobre a importancia de non anular nin deixarse anular por ninguén e de apostar polo desenvolvemento persoal.    

BOAS LECTURAS!!!  

                                                                    


21 de nov. de 2023

FACENDO EXPERIEMENTOS

 Ola rapazada!!

Como estamos no Mes da ciencia en galego, andades a facer experimentos. Xa nos contaredes. 

 
Este curso, desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,  coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022. 
 
Se clicades na imaxe tedes exemplos de actividades.
 
                                     Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas | Novas da lingua |  CDSG-CCG | Consello da Cultura Galega
 
 
 

 

 

 

14 de nov. de 2023

DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS


Ola!
O próximo luns, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos dereitos das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os; ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda Declaración do Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia "ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial.
Preme na imaxe para coñecer os dereitos das nenas e nenos nas diferentes idades.

Dia Mundial Del Niño, Reparado, Celebrar

 E aquí tedes unha canción e un vídeo que nos axudarán a recordalos moi ben, para telos sempre presentes.
 
 


 
Ademais, na BiblioFlora temos algúns libros, coma estes.
 
Nun país non moi lonxano, vive unha simpática Carapuchiña Vermella de nariz recachada e pencada que leva zapatillas vermellas. É unha nena moi valente que, durante as súas andanzas, coñecerá a personaxes un tanto peculiares, algúns máis coñecidos que outros: Hansel e Gretel, Pinocho, Brancaneves, unha bruxa malvada, un arrepiante can negro, unha neniña morta de frío... En cada encontro, a pequena heroína reivindica os dereitos fundamentais dos nenos e nenas: a expresarse, a ser respetad@s, a ser tratad@s correctamente, a ter unha educación e a ter segredos, entre outros.
 
 
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.
 
 
Once creadores ilustran algo tan importante como os dez primeiros Dereitos do@Nen@, de 1959, base dos dereitos que recollerá a Convención dos dereitos do Nen@ de 1989. Un proxecto que busca facer un potente recordatorio visual a uns principios que tod@s deberiamos ter tatuados na memoria e na nosa educación cívica.
 
   FELICES LECTURAS!!!!!
 
 


 

.
 
 
 
 
 

CHEGOU O DÍA

 Ola, parazas e rapaces!!!!

Por fin temos a BiblioFlora inaugurada!

Onte, as nenas e os nenos de 2º de Primaria ofrecéronnos un conto sobre a biblioteca no Kamishibai. Contáronnos que a biblioteca é unha casa na que caben un montón de personaxes, de persoas, de familia, de nenas, de nenos... En definitiva, unha casa na que cabemos tod@s.

Tamén se presentaron @s voluntari@s deste curso e, durante esta semana, van ensinar como é a nova distribución da biblioteca, para que tod@s poidamos movernos nela con autonomía. De todas as maneiras, témolos a el@s para que nos axuden: Rubén, Julia, Carla, Leticia, Dariela R., Paula R., Andrés, Ainara, Noa, Óscar B., Blanca e Daniela C..


 



27 de out. de 2023

CHEGA SAMAÍN

 Saúdos terroríficossss!!!!

Como xa está chegando o Samaín, estivemos preparando a Carreira de medo. Fixemos algúns cambios e, para que sepades en que consiste, aquí vos deixo unha carta.

Espérovos na BiblioFlora!!! 


 

POR FIN!!

Ola rapazas e rapaces. Por fin podemos inaugurar a Biblioflora. As nenas e nenos de 2º de Primaria téñennos preparada unha peque sorpresa e as voluntarias e voluntarios de 6º de Primaria hannos de ensinar  a nova distribución e explicarnos un pouquiño as normas da biblio durante o tempo de recreo.

Aquí tedes o cartel que deseñaron as vosas compañeiras e os vosos compañeiros de 2º de Primaria.

 
ESPERÁMOSVOS!!!


26 de out. de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Olaaaa...

O día 24 foi o Día  das bibliotecas. O lema deste ano é "Tecendo comunidades", co que se quere sinalar a importancia das bibliotecas á hora de construír lazos fortes dentro das comunidades, sendo, todo o que ocorre nelas, os fíos que unen á cidadanía.

Aquí tedes o cartel deste día.

 

 

 

 

 













Nós, aínda que cun pouco de atraso, imos celebrar este día coa inauguración da BiblioFlora. As nenas e os nenos de 2º de Educación Primaria téñennos preparada unha pequena sorpresa. Ademais, o alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria faranos de "guía" para ensinarnos a biblioteca e presentará o proxecto no que imos traballar este curso.

Será o próximo luns.

Esperámosvos a tod@s!!!

11 de out. de 2023

COMEZAMOS

 Olaaaaaa

Como vos foi no verán?

Na BiblioFlora estivemos moi atarefad@s!!! Tivemos obras no verán e aínda estamos preparando a biblio para que poidades facer uso dela.

Así que aínda toca esperar un pouquiño.

Agardade!!!!

 

14 de xuño de 2023

LEMOS NO VERÁN

     Que tal???

Xa estamos rematando. Chega o verán e imos ter moito tempo para facer moitas cousas e, entre elas, non debemos deixar de ler. Por iso é que vos propoño lecturas, xogos, cine e música para toda a familia, para poder desfrutar tod@s xunt@s.

                                                                 CLICADE NA IMAXE



 


13 de xuño de 2023

MONUMENTOS

 Ola rapazada!!

Como última actividade no noso proxecto, elaboramos uns "superfolletos" presentando diferentes  monumentos.

 



5 de xuño de 2023

CONSTRUÍNDO

 Como ides??

O pasado venres celebramos o Día da Arte. Aproveitando o noso proxecto "Pensamos e construímos", fomos á praia a facer castelos na area. 




 

Estivo un día precioso!!!

Ademais, foi un día de desfrute con tod@s @s nos@s compañeir@s, co profesorado, co persoal non docente do cole e co persoal colaborador do comedor. Fomos andando ata a praia de Lago e, despois de facer os castelos, comimos tod@s xunt@s.


 

29 de maio de 2023

A VIVENDA NO MUNDO

 Como ides???

No segundo trimestre, dentro do proxecto "Pensamos e construímos", estivemos traballando sobre as vivendas no mundo. Así, puidemos aprender moitas cousas sobre vivendas de diferentes zonas e países: o pazo galego, a masía catalana, a haima, a casa barco, a yurta...Todas varían na forma e no tamaño, dependendo da zona, do clima, dos materiais e das técnicas de construción.

Aquí tedes parte do traballo, que podedes atopar na BiblioFlora.






Espérovos na Biblio!!!





15 de maio de 2023

CASAS

 Olaaa...

Hoxe quero ensinarvos un libro que fai  tempo que está na BiblioFlora. Trátase de Casas, de Paula Carballeira e editado por Edelvives-Tambre, na súa colección Ala Delta.

Fálanos dun montón de casas: casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Tamén hai casas que quedan quietas nun sitio e as que lles gustaría coñecer mundo e casas que viaxan e que preferirían ver paisaxes distintas. Así que... hai tantas casas coma xente que vive nelas. 

Espérovos na BiblioFlora!!

 

 


12 de maio de 2023

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE


 Que tal???

Onte, xoves, rematou a exposición"EscribirArte da Mariña"  organizada pola Microrrede da Mariña.

Na xornada do mércores, o alumnado do EEI de San Roque ofreceu unha actuación de monicreques do conto Cocorico.

 
O xoves, pola mañá tamén houbo unha actuación, no teatro Pastor Díaz, do alumnad de 2º da ESO do IES de ALfoz-Valadouro. E, pola tarde, tivo lugar a xornada de clausura, coa actuación do Cuarteto de cámara de clarinete da Escola de Música de Viveiro.
 

 
Remataron así uns días nos que as bibliotecas PLAMBE da Mariña foron protagonistas !!!

10 de maio de 2023

CARTA DE FLORA

 Olaaaaa...

Aquí tedes a carta coas actividades previstas para os meses de maio e xuño.

 Espérovos na BiblioFlora!!!