17 de dec. de 2019

¿DÓNDE ESTÁ LA RANITA?



Ola rapaces e rapazas!!
Non imos rematar o ano sen presentar outro dos libros que mandou Flora polas clases. Desta volta, trátase do libro ¿Dónde está la ranita?, da Editorial Juventud.


Con este libro imos recorrer o xardín de Giverny. Non dicían que Monet nunca pintara animais nese xardín? Poiis o seu retrato da pequena ra era unha verdadeira obra de arte. Así que imos recorrelo, saltando de tea en tea, baixo a atenta mirada de Claude Monet.









16 de dec. de 2019

NESTE NADAL, FLORA RECOMENDA...

Como andades?
Supoño que moi cansas e cansos e pensando xa nas vacacións de Nadal.
Imos ter moito tempo, para xogar, para saír, para falar, para estar coas amigas e amigos, para estar máis tempo coa nosa familia, para escoitar música, para ver películas, para ler... e, tamén, para aburrirnos, por que non? Así que vos deixo aquí as miñas recomendacións, para que as disfrutedes soas /sós ou en familia. 
Que o pasedes moi ben!
Boas lecturas!!
E moi Feliz Aninovo para todas e todos!!!!!









10 de dec. de 2019

XA CHEGA O NADAL!!!

Boas a todas e todos!!
Xa se achega o Nadal e xa se nota no colexio. Andivestes adornando o comedor e xa imos enchendo o cole con todas as bólas que trouxestes. Son todas preciosas!!
Que gusto dá ver os vosos traballos... Non se pode dicir cal é a máis bonita. Están todas xenial!!!!




5 de dec. de 2019

EDVARD MUNCH

Ola, ola!
Rematado novembro, aquí tedes o traballo feito por todas e todos vós. Esta volta, os cadros son de Edvard Munch, que seguro coñecedes por un dos seus cadros máis famosos e que tamén temos na exposición. Edvard Munch foi un pintor noruegués, que naceu en 1863 e morreu en 1944. É considerado como o precursor do expresionismo e o mellor pintor noruegués de todos os tempos. 
En Oslo, capital de Noruega, ten un museo e alí foi roubada a súa obra máis coñecida, O berro, en 2004, aínda que foi recuperada en 2006, cuns danos que se puideron reparar.


E estes son os cadros de cada curso.

 5º de Infantil

 5º de Primaria

 4º de Infantil

 1º de Primaria

 6º de Primaria

 6º de Infantil

 3º de Primaria

 4º de Primaria

 2º de Primaria


E o próximo artista é...   Wassily Kandinsky. 

4 de dec. de 2019

LOS COLORES DE DULARI

Saudiños para todas e todos!!!
Aquí vos traigo outro libro: o que lles mandei ás/aos de 4º de Primaria. O seu título é Los colores de Dulari, da Editorial Kókinos.


los colores del dulari-gita wolf-9788492750412


Cóntanos a historia de Dulari Devi, que é a ilustradora do libro, unha muller humilde que conseguíu  cambiar unha vida de penoso traballo por unha viaxe hacia a maxia da arte. Dulari observou, aprendeu e deixou voar a súa imaxinación ata crear este primeiro libro que se enmarca no estilo pictórico tradicional Mithila, de Bihar, ao este de India. O libro ensínanos que é posible encher de cor a escuridade.
Espérovos na biblio!!!

SONIA DELAUNAY



Que tal estades?
Encántanme os cadros que fixestes de Sonia Delaunay. Xa vos ensinei a exposición enteira, pero agora, quero que vexades os cadros que fixo cada curso. Aquí os tedes.


 4º de Primaria

6º de Infantil

5º de Primaria

1º de Primaria

3º de Primaria

5º de Infantil

6º de Primaria

   4º de Infantil

   1º de Primaria






     


3 de dec. de 2019

3 DE DECEMBRO

Ola rapazas e rapaces!
Hoxe, 3 de decembro, é un día moi importante, xa que se celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un día no que se intenta informar e concienciar á toda a sociedade sobre a realidade e as necesidades das persoas con discapacidade e destacar os beneficios que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade. Ninguén pode quedar atrás!!
Déixovos aquí uns vídeos para que coñezades a historia de moitas nenas e nenos que ven o mundo dunha maneira diferente.













OLA!!
Que medo pasei o venres!!!
Mellor dito... Que medo pasei todos estes día lendo os vosos minirrelatos de medo e mirando os debuxos de medo!!!!!
Gustáronme moito, pero tiven moito traballo para decidir quenes levaban o premio. Ao final, estas/es son as/os gañadoras/es:
  • 4º de Infantil: Alma
  • 5º de Infantil: Anxo
  • 6º de Infantil: Iago
  • 1º de Primaria: Emma
  • 2º de Primaria: Andrés
  • 3º de Primaria: Paula
  • 4º de Primaria: Jesús
  • 5º de Primaria: Christian
  • 6º de Primaria: Sabela

Os seus traballos están expostos no taboleiro da biblio, na entrada do colexio e aquí tedes os debuxos premiados. Máis adiante poñeremos os audios dos contos.

1º de Primaria

6º de Infantil






5º de Infantil
4º de Infantil
                                                                                          
Tamén aproveitamos para dar as medallas da Carreira de medo.
E que medo dan os quebracabezas que compuxestes coas pistas !!!! Ao final son cadros de importantes pintores.

                       


23 de nov. de 2019

XA BASTA!!

Como vai todo?
O próximo 25 de novembro é un día moi importante, xa que é o Día internacional para eliminar a Violencia de Xénero.
Como pode ser que haxa que adicar un día para loitar contra este tipo de violencia?
Pois si!! Porque temos que seguir dicindo que non nos gusta a discriminación e o maltrato, que as nenas e os nenos somos iguais, que podemos facer as mesmas cousas...
Na entrada do colexio hai un montón de libros expostos que nos van ensinar moito sobre a igualdade.














Déixovos tamén  uns vídeos para que vexades algunhas das formas desta desigualdade.

        

                                                           
                                                         
Tamén vos quero ensinar unha regueifa que o curso pasado fixeron aas nenas e nenos que agora van en 2º de Primaria e que reivindica a liberdade das nenas para poder ser o que elas escollan. 

                       

Ao final todas e todos temos que traballar xuntas/os para que o mundo sexa igual!!!


21 de nov. de 2019

Ola de novo!
Non quería pasar a oportunidade de recordarvos que este domingo, 24 de novembro, no Salón de actos do centro cívico haberá unha representación a cargo da compañía de teatro Ghazafellos, coa obra Iriña bailarina. Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar  sen límites. Ghazafellos proponnos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais a través de Iriña, unha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por saír para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou, memo se quere, poder engordar.
A obra está baseada no libro Iriña bailarina, da editorial Embora e que tedes na biblioteca.


Imaxe relacionada

LA MANZANA DE MAGRITTE

Boassss!!!
Veño con outro dos libros que vos mandei nas caixas. Neste caso é o de 5º de Educación Infantil, La manzana de Magritte, da Editorial SM.


É un libro inspirado na obra de René Magritte, que nos anima a a mirar con atención o mundo que nos rodea. Conta a historia dun home chamado René que flota a través do mundo dos soños cumprindo o seu desexo de ser pintor de mazás e sombreiros e mazasombreiros. Nos seus cadros as follas son labios, as barras de pan son narices, os obxectos nunca están no seu sitio...

20 de nov. de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Ola!
Hoxe, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os; ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda Declaración do Dereitos do Neno.  No seu artigo 25 di que a infancia "ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial.




A MIRADA QUE FALAMOS

Saudiños de novo!

Non o dixen antes; pero, o proxecto deste curso e que xa sabemos que vai de ARTE, de pintoras e pintores, leva por título "A mirada que falamos".
E preguntarédesvos...  Por que ese título?
Pois moi fácil. Cando vos preguntei que era para vós a arte, todas e todos destes moi diferentes respostas:
- que eran as cousas bonitas do mundo
-  que un cabalo de papel
- é expresar o que sentimos
- é algo alegre
- é unha paisaxe
- ... e moitas máis cousas

Todo iso que dixestes é a arte. É maneira que temos de expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as nosas sensacións... ; e expresalas de moi diferente maneira: coa pintura, a escultura, a música, a literatura, o cine, a arquitectura... Por iso, pensei que a pintura é unha maneira de dicir o que quero, o que me gusta, o que sinto, o que vexo.

Entón, dentro do proxecto, propuxen unha actividade que é "A/o artista do mes", na que cada curso debe representar unha das obras da artista ou do artista á ou ao que se lle dedica o mes. 
No mes de Outubro, a artista elixida foi Sonia Delaunay, que foi unha pintora ucraína, que naceu en 1885 e morreu en París en 1979. Representou o simultaneísmo, expresándose tanto na pintura como no diseño de moda, teas e libros.
Aquí tedes o resultado do voso traballo!


E xa vos anuncio o próximo artista; que é...    Edvard Munch. Así que ... MANS Á OBRA!!

15 de nov. de 2019

EL PINCEL MÁGICO



Aquí tedes os libros que nos chegaron ás clases nas caixas de Flora.
Espero que vos gustaran! E xa sabedes que os tedes na biblioteca. Con eles ides aprender moitas cousas sobre as pintoras e os pintores.
 E hai moitos máis!!
Pouco a pouco iremos presentándevolos.
Podemos empezar con este, que lle chegou a 2º de Primaria:



   EL PINCEL MÁGICO















E seguindo co Samaín, chegou Flora con outra carta para anunciarnos que comeza... A IX CARREIRA DO MEDO!!!



XA CHEGOU O SAMAÍN !!!!!

Tempo de medo... con momias, bruxas, homes-lobo, ogros, fantasmas, vampiras... !!!
E xa está prazo para o III concurso de minirrelatos de medo. Xa sabedes: as /os de Infantil e 1º de Primaria a debuxar e, o resto de Primaria a escribir.
QUEREMOS PASAR MOITO MEDO COS VOSOS DEBUXOS E COS VOSOS MINIRRELATOS...!




DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN BIBLIOFLORA
Chegou o 24 de Outubro, o día das bibliotecas, e nós celebrámolo cunha exposición dos libros feitos por nós durante un montón de cursos. CANTO TRABALLAMOS!!





E xa fomos poñendo por todo o cole as fotos dos cadros que nos gustan. Así xa imos aprendendo moitas cousas. Mirade como está quedando...


7 de nov. de 2019

Seguimos co proxecto deste curso. Flora mandounos outra carta. Non para!!!
E pide a colaboración das familias!!!




6 de nov. de 2019

QUE É A ARTE?

Ola!!!
Xa vin que ben facedes o voso traballo. Estou aprendendo moito coas vosas opinións. Xa ides enchendo os taboleiros da entrada...


4 de nov. de 2019

Aquí está a primeira carta de Flora, que nos propuxo unha actividade para o mes de outubro.


COMEZA O CURSO!!!

Ola rapazas e rapaces. Xa estamos de novo en marcha. Xa saíron as novas mochilas. Xa temos novas e novos axudantes. ESPÉROVOS NA BIBLIO!!!