O MAR QUE NOS FALA

20 de nov. de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS

Ola!
Hoxe, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os; ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda Declaración do Dereitos do Neno.  No seu artigo 25 di que a infancia "ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial.




Ningún comentario:

Publicar un comentario