16 de xuño de 2021

LEMOS NO VERÁN

 OLA, OLAA, OLAAA, OLAAAA, OLAAAAA...

Xa temos ganas de ir á praia !! E xa quedan poucos días... 

Xa chegan as vacacións e xa sabedes que se poden facer moitas cousas: ir á praia, xogar, andar en bici, pasear, viaxar... E, como non, ler un libro. 

Por iso, estes días andiven ocupada buscando libros, contos, películas, música, xogos... cos que puidérades disfrutar no verán, xunto coas vosas familias. Así que... aquí tedes as miñas recomendacións. Clicade na imaxe e a "remollarse" cola lectura !!


UN BICO E ATA O PROXIMO CURSO !!!













10 de xuño de 2021

LENDO EN FAMILIA

OLA RAPAZADA !!!

Aínda que remata o curso, aínda nos quedaban algunhas cousiñas por rematar na biblio. 

Déixovos aquí uns resumes dos contos que preparastes en familia para tod@s nós. Espero que vos guste, para velos tan só tedes que premer nas imaxes.











9 de xuño de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS

 OLAAA...

Como xa vos dixen, este curso non puidemos facer a exposición da Microrrede. Aínda así, todos os centros da Microrrede da Mariña estiveron traballando: uns con proxectos, outros con diferentes actividades... Todas e todos poñendo o noso grau de area para achegar as bibliotecas escolares a todas as comunidades educativas.

Aquí vos deixo o resume das nosas actividades e recordade que no enlace da microrrede que tedes máis abaixo podedes acceder a todos eses traballos. Disfrutade deles !!






4 de xuño de 2021

BAILANDO CON PAKOLAS

 Boasss !!!

O pasado xoves, día 27, a ANPA invitounos ao espectáculo de música e debuxo de Pakolas, “Rock´n Roll con Ramona Órbita”, no que o cantante, coa súa música, contos e pequenas historias levounos facer un recorrido polo tempo. Ademais, estivo acompañado pola ilustradora Laura Romero, que vai ilustrando esa viaxe ao longo de todas as cancións.

Que ben o pasamos !!!

Aínda que tivemos que estar sentadas/os, houbo algúns momentos que puidemos bailar. 

Que viaxe tan emocionante !!



3 de xuño de 2021

A MICRORREDE DA MARIÑA

 OLA, OLAAAA!!!!

Xa sabedes que formamos parte da Microrrede da Mariña de centros PLAMBE. 


Non sei se recordades que, polo mes de maio, organizábamos unha Exposición conxunta en Viveiro, na que mostrábamos os traballos colaborativos do alumnado e das súas familias, de cada centro. Nesta curso, debido á COVID-19, a exposición será virtual, pero conxunta.
O cartel anunciador da actividade foi elaborado por unha alumna do IES Perdouro de Burela, Lidiana de Pina Sanches, de 3º ESO, e maquetada por Karina Parga, profesora e responsable da biblioteca do mesmo IES.
Aquí o tedes:


Déixovos a ligazón a unha presentación que achega o CEIP de Celeiro, coa que poderedes coñecer os Proxectos de traballo de todos os centros participantes na Microrrede.


Moitas grazas a todas e a todos !!!