29 de abr. de 2020

A MICORREDE QUEDA NA CASA

OLA, OLA!!!

Pois claro!! Este ano a Micorrede da Mariña queda na casa, como non pode ser doutra maneira.
O tema deste curso era Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo. Tomouse a decisión de retomar a actividade o próximo curso. Sen embargo, quixemos ofrecervos este vídeo, no que as Bibliotecas da Microrrede saúdan a toda a comunidade educativa da Mariña e no que se fai un recorrido polas oito edición anteriores. 
Un abrazo para tod@s.


LEMOS NA CASA

COMO VADES?

Estiven agardando por se chegaban máis fotos. Como penso que xa rematastes de enviarmas, deixo as últimas.
Un abrazo moi, moi, moiiiiiii grande para tod@s!!!!!




25 de abr. de 2020

CONTOS DENDE A CASA

OLA,OLA!!!

Mirade que sorpresa!!
Chegoume este conto de Gabriel, o noso compañeiro de 5º de Infantil, para que o compartira con tod@s vós. Espero que vos guste!!!




LEMOS NA CASA

BOAS RAPAZADA!!!!

Seguen chegando...




23 de abr. de 2020

LEMOS NA CASA

OLA, OLA!!!

Seguen chegando fotosssss...



















23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

BOASSSSS!!!!!!

Hoxe é o Día do libro. Como estou rodeada de libros, non sabedes canto estou lendo estes días. Non paro. Espero que vós, nas vosas casas, tamén fagades o mesmo. A min fáltanme as vosas risas e as vosas voces, pero estareivos esperando.
Que importante é a lectura. Sempre temos que atopar un anaquiño de tempo para ler. Un libro é como un tesouro, que nos permite facer un montón de viaxes e imaxinar todo o que queiramos.
Fixádevos o que din estas ilustracións de Liniers, un debuxante arxentino.

Calendario de la temporada | Liniers, Macanudo, Historietas liniers macanudo fellini Libros libro leer lectura enriqueta ...
 E mirade o que nos di Mafalda:

Mafalda: «Un libro es un buen amigo» | El Documentalista Enredado

Así que, xa sabedes...  Collede un libroooooo!!!!!

E mirade, tamén, o que se pode facer cos títulos dos libros!! Contar historias...


 Podedes intentalo na casa. Eu fixen esta foto para informar de que este ano a Microrrede queda na casa, co que fixemos un vídeo que xa vos ensinarei. Ledes a mensaxe?

Ánimo. Probade. Aínda que sexa unha frase!!!




22 de abr. de 2020

LENDO NA CASA


BOAS RAPAZAS E RAPACES!!!

Xa me están chegando un montón de fotos vosas disfrutando da lectura en familia. Estades tod@s guapísim@s. Aquí vos vou deixando.





















19 de abr. de 2020

MÁIS COUSIÑAS

Boas amiguiñas e amiguiños!!

Como ando moi ocupada  buscando cousas que vos podan interesar... sempre se atopa algo. Aquí tedes algunhas cousiñas con moitas actividades para disfrutar con toda a familia. Premede nas imaxes.

O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA, que tivo que ser cancelado, pero que ten un salón virtual no que atoparedes moitas actividades.

Cartel gañador XXI Edición do Salón – SALON DO LIBRO


O PAPAGAIO, o xornal que recibimos na Biblioflora.MoitoConto

Algúns títulos que pon á nosa disposición a Editorial Xerais.

Xerais on Twitter: "Elena Gallego Abad presentou e asinou "O xogo ...

O conto de Elmer adaptado, con pictogramas



E a Editorial Kalandraka tamén nos ofrece esta canle.

Kalandraka.tv - Posts | Facebook



Ata outro día!!!
 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


OLA, OLA, RAPAZADA!!!!
Que tal vades? Aquí sigo na Biblio. menos mal que estou rodeada de libros. Falando de libros... O próximo xoves, día 23, é o Día do libro. Se recordades, sempre celebrábamos este día cunha actividade na que as nosas compañeiras e compañeiros do IES Illa de Sarón nos lían un conto ou unha obra de teatro. Como temos que Quedarnos na casa, quero propoñervos que fagades esta actividade nas vosas casas. E como tedes que facer? Pois hai moitas posibilidades: a mamá, o papá, a avoa, o avó, unha irmá, un irmá... poden lervos un conto que vos guste ou, ao revés, como vexades.
Teríades que facer unha foto nese momento no que estades compartindo o libro. 
Animádesvos?
Estou esperando as vosas fotos!!!!! 

 Mentres, aquí vos deixo algúns vídeos e curtametraxes relacionados cos libros:

El increíble niño comelibros, baseado no libro do mesmo título de Oliver Jeffers

 

Los fantásticos libros voladores del Sr Morris Lessmore, unha curta que gañou un premio Óscar e, logo, foi convertido en libro.



E aquí tedes a Paula Carballeira contando o conto O pequeno morcego. Xa sabedes que Paula nos ía visitar no cole para contarnos cousas sobre os seus libros Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño e A tartaruga amodovou. Non puido ser, pero esperamos vela o próximo curso. Aquí a tedes.




Pasádeo ben e ata logo!!! Recordade... espero as vosas fotos!!!!





7 de abr. de 2020

PARA QUEDARTE NA CASA

Boa rapazas e rapaces!!!

Que tal vai todo? Supoño que ben. Intentando pasar o tempo o mellor. Pois, para que podades entretervos aquí tedes algúns enlaces.

Neste podedes atopar obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas:
https://www.galiciale.gal/

Neste, lecturas e xogos en galego:
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/10-propostas-galego-balde-ler-encerro/20200326141708093912.html

Tamén quería propoñervos un concurso de debuxo que propón a Editorial Galaxia  para rapazas e rapaces de 4 a 12 anos, co tema a lectura na casa.

#euquedonacasa co… concurso de Galaxia!


https://espazolectura.gal/euquedonacasa-co-concurso-de-galaxia/






 Un abrazo mmmoooooiiii grande!!!!


2 de abr. de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

https://www.pictocuentos.com/https://www.pictocuentos.com/
Hoxe tamén é o Día Mundial do Autismo e, para que coñezades outras maneitas de ver o mundo, déixovos aquí diferentes materiais.





E un enlace de contos con pictogramas:         https://www.pictocuentos.com/   

LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Boas rapazas e rapaces!!!
Hoxe, día 2 de abril , é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por que se celebra neste día? Pois porque se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Celébrase dende 1967, para fomentar o gusto pola lectura dende a infancia. Este ano 2020 correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic. Aquí os tedes:




Ademais, por se queredes participar, Gálix convoca un concurso de Poesía recitada. aquí vos deixo o enlace.
    http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html