O MAR QUE NOS FALA

19 de abr. de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


OLA, OLA, RAPAZADA!!!!
Que tal vades? Aquí sigo na Biblio. menos mal que estou rodeada de libros. Falando de libros... O próximo xoves, día 23, é o Día do libro. Se recordades, sempre celebrábamos este día cunha actividade na que as nosas compañeiras e compañeiros do IES Illa de Sarón nos lían un conto ou unha obra de teatro. Como temos que Quedarnos na casa, quero propoñervos que fagades esta actividade nas vosas casas. E como tedes que facer? Pois hai moitas posibilidades: a mamá, o papá, a avoa, o avó, unha irmá, un irmá... poden lervos un conto que vos guste ou, ao revés, como vexades.
Teríades que facer unha foto nese momento no que estades compartindo o libro. 
Animádesvos?
Estou esperando as vosas fotos!!!!! 

 Mentres, aquí vos deixo algúns vídeos e curtametraxes relacionados cos libros:

El increíble niño comelibros, baseado no libro do mesmo título de Oliver Jeffers

 

Los fantásticos libros voladores del Sr Morris Lessmore, unha curta que gañou un premio Óscar e, logo, foi convertido en libro.



E aquí tedes a Paula Carballeira contando o conto O pequeno morcego. Xa sabedes que Paula nos ía visitar no cole para contarnos cousas sobre os seus libros Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño e A tartaruga amodovou. Non puido ser, pero esperamos vela o próximo curso. Aquí a tedes.




Pasádeo ben e ata logo!!! Recordade... espero as vosas fotos!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario