2 de abr. de 2020

NA CASA

Ola rapazas e rapaces!!
Seguimos na casa, pero temos moitas actividades que podemos facer. Espero que tod@s esteades ben. Eu estou aquí na biblioteca, pechadiña e botándovos moito de menos.

Nestes días, houbo bastantes "celebracións", nas que non puidemos estar xunt@s. Por exemplo, o día 21 tivemos o Día da poesía. Déixovos algún vídeo poemas recitados por Antonio García Teijeiro:


 

E unha canción dun poema de Manuel María.



E, tamén Gloria Fuertes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario