O MAR QUE NOS FALA

16 de out. de 2017

Concurso Samaín

Xa está en marcha o concurso de Minirrelatos de Medo para Pimaria e de Debuxos de Medo, para Infantil. Anímovos a que participedes. Xa estou tremendo!!! Tedes as bases no taboleiro da biblioteca.

10 de out. de 2017

Voluntarios/as

Xa están en marcha as mochilas. Van cargadas de libros para vós e para toda a familia, ademais de algo de música. Coma sempre, levan o Caderno viaxeiro, no que quero que me escribades dicíndome como vos divertístedes con ese material. Un saúdo e ata a próxima

6 de out. de 2017

Benvidos e benvidas

Ola! Xa comezou un novo curso e estou esperándovos na biblioteca.

19 de feb. de 2017

XA SE ACERCA O ENTROIDO

O entroido xa está ás portas. Os/as nenos/as do colexio están a preparar os seus disfraces para o desfile do venres.
O Meco xa está a facer das súas, este luns todos temos levar unha pinza. A ver que novos retos temos para o resto da semana.

MUSICAL DE PETER PAN

Os/as nenos/as de primaria do noso cole o mércores da semana estivemos en Burela disfrutando do musical de PETER PAN. Que ben o pasamos e canto rimos. A ver cando toca o seguinte.