25 de out. de 2022

QUE É UNHA BIBLIOTECA?

 Como ides?

Xa rematamos o Cartel do Día das bibliotecas. Aquí tedes o resultado.



Neste cartel, resúmese todo o que pode significar a lectura para vós. E aínda hai moito máis. Así que... BOAS LECTURAS!!!


24 de out. de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA

 Olaaaaaa!

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas. Este día celébrase dende 1997. Aquí tedes o cartel, deseñado pola ilustradora e autora de cómics galega Xulia Vicente.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como vedes, o lema deste ano é "BiblioTecuida", co que se pretende destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que, coa axuda de diversos servizos e recursos, se preocupa de atender as necesidades d@s usuari@s, sendo un piar fundamental das comunidades ás que pertencen: son espazos para ler, descubrir e aprender. Ademais, son o primeiro paso cara as outras bibliotecas coas que se atopan e atoparán ao longo das súas vidas.

Para "celebrar" este día, estivestes pensando no que significa para vós a biblioteca, a lectura. E todo iso, tivestes que resumilo nunha palabra, coa que elaboramos uns carteis xigantes, que teremos expostos na entrada do cole.

      FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!






CONCURSO DO MEDO

 Ola, rapazada!!! Como ides???

Xa se nos achega o Samaín. Están quedando chulísimas as vosas cabazas!

Mete medo estar na entrada do cole!!!!

Quero recordarvos que temos un concurso de minirrelatos e debuxos de medo. Estou esperando os vosos traballos. Déixovos aquí as bases, por se non as vistes no taboleiro da Biblio.

Non me acordaba!!!! Xa está case a punto a Carreira do medo!!!!

15 de out. de 2022

LEMOS SOBRE ARQUITECTURA

 Ola, olaaaa... !!!!

Como xa vos dixen na entrada anterior, imos "traballar" sobre a arquitectura. Así que vou ir propoñéndovos algunhas lecturas. Ademais, tedes un apartdo no que irei metendo todos os recursos que vaia atopando para axudarvos nas vosas investigacións.

O primeiro libro que vos recomendo e que atoparedes ba Bibioflora é...

É un libro no que podemos coñecer a historia dunha cidade, como foi medrando e como foi cambiando a forma de vivir dos seus habitantes ao longo dos séculos. 

ESPÉROVOS NA BIBLIO!!!!!

14 de out. de 2022

CARTA DE FLORA OUTUBRO E NOVEMBRO

 Como ides???

Xa teño preparadas as actividades para outubro e novembro. Chegouvos xa á clase? Estade atent@s ao correo.

De todas as maneiras, déixovola aquí, para que poidades consultala.


 



 

 

10 de out. de 2022

 Como ides???

Vistes a entrada do cole? Por que parezo unha albanel? Ou serei unha arquitecta?  Faremos obras no cole?



Pois xa volo conto... Este curso imos traballar sobre a arquitectura e o novo proxecto titúlase "Pensamos e construímos".

Xa vos irei contando!!!

7 de out. de 2022

 

 

 

 

 

 Ola, olaaaaa...

Xa temos aquí o cartel e o lema publicados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para este curso 2022/2023. O lema que elixiron é "Escribir a biblioteca escolar".   

E a que se refiren con isto? Que podedes escribir nas paredes da biblioteca? Noooooonnnnn!!!!

O que queren é que nos fixemos en todas as formas de escrita que nos ofrece a biblioteca   escolar: como medio de comunicación, de expresió n, de creación, de información e de coñecemento.

A imaxe é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez, coñecida como nacu.

 


Na biblioteca escolar podemos...

  • escribir para saber, para aprender
  • escribir para comunicar e comunicarnos 
  • escribir relatos, historias
  • coñecernos a través da escrita: diarios, axendas, biografía...
  • escribir xunt@s en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros...
  • escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía...
  • escribir para incluir, visivilizar
  • traducir

 E moito máis que se vos ocorra!!



 

5 de out. de 2022

ABRE A BIBLIFLORA!!

 Ola, ola, ola, olaaaaaaaaaa!!!!!!

Xa logo imos comezar coa Biblioflora!! Imos un pouco despacio e non abrirá no horario de lecer ata o próximo luns, día 10. Aínda que hai cursos que xa están desfrutando dos seus libros coas Caixas de lectura

Estes días estivemos facendo formación de usuari@s con todos os cursos de Primaria e, tamén, co@s axudant@s. E dinme conta dunha cousiña!!! @s axundant@s nunca foron axudant@s!!! E @s nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria nunca viñeron á biblioteca no tempo de lecer!!! Só para o préstamo!!!

Así que isto vai ser unha novidade para tod@s!!!!! 

E aquí vos presento @s axudant@s de Biblioflora, que nos van axudar na biblio e que nos prepararán moitas sorpresas.

Tamén hoxe saíron as primeiras Mochilas viaxeiras. Espero que desfrutedes con elas.



 Iredes tendo máis noticias miñas. Ata a próxima !!!