30 de nov. de 2021

SIGUEN VIAXANDO...

 Como vades?

As Mochilas viaxeiras foron esta semana ás casas dest@s compañeir@s...



CARTEL 25 N

 Boasss !!!

Aquí tedes o cartel que fixestes coas protagonistas dos contos que listes para traballar sobre o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Quedou xenial!!!


Cada clase traballou co seu libro:













25 de nov. de 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 Boas, amig@s !!!

Hoxe é o 25 N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Este día é necesario reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.

Na entrada do cole tedes libros para traballar todos estes temas. Aínda que xa sei que estivestes traballando con algúns, para facer un cartel colaborativo.

Ademais, déixovos uns vídeos cos que podedes traballar na clase, para poñer en común as vosasa ideas.



Tedes que recordar sempre que a palabra máis importante para poñer fin á violencia é RESPECTO. Recordala sempre. Xunt@s temos que ser capaces de eliminar esa violencia.


Déixovos, tamén, un vídeo de Adhara & Ritman, coa canción "Por elas". 


25 N, HOXE E TODOS OS DÍAS DO ANO.








OUTRA MOCHILA

         OLAAAA ...........

Como lles gusta ás mochilas ir ás vosas casas !!! Supoño que disfrutaredes en familia con elas. Aquí vos deixo @s compañeira@s c@s que estiveron nesta viaxe.



24 de nov. de 2021

CREANDO

 Olaaaaa !!!

Que tal estades?

Hoxe, @s nen@s de 2º de Primaria estiveron disfrutando da maleta que chegou fai uns días ao cole e que xa ten que viaxar o venres para outro cole. Estivemos lendo e creando cos xogos que viñan nela.

Aquí @s tedes...




Xa estamos esperando as seguintes maletas. Que nos traerán?

16 de nov. de 2021

QUE MEDO!!!!

 Ola, como vades???

Xa rematastes os traballos sobre os monstros galegos. 

E quedaron xenial !!! Dan verdadeiro medo !!! E aprendín un montón. Espero que vós tamén. Aquí vos deixo o resultado do voso traballo, para que poidades velos con máis calma e ensinarllelos tamén ás vosas familias.

O Nubeiro, de 4º de E. Primaria


O Gatipedro, de 6ª de E. Infantil


A Coca, de 5º de E. Primaria


A Lamia, de 1º de E. Primaria


O Urco de 3º de E. Primaria


O Lobishome, de 2º de E. Primaria


A Xacia e o Xacio, de 5º de E. Infantil


O Trasno, de 4ª de E Infantil


A Maruxaina, de 6º de E. Primaria


Como xa sabedes, na Biblioflora tedes libros sobre algún destes monstros e moitos máis.









O

15 de nov. de 2021

OFICIOS DO MAR

 Boaaassss !!!

Tráigovos aquí un libro que vos vai ensinar un oficio do mar que non é moi coñecido, A crebeira Marabillas.



Di a RAG que crebeiro ou crebeira é a persoa "que busca e aproveita restos de naufraxios ou cargas de embarcacións que o mar arrastra ata a costa". A tradición de recoller as crebas existe na Galiza dende sempre; pero, hoxe en día, só se atopan moreas de plásticos e residuos que contaminan a costa.. Así que... agora a tradición crebeira ten outro obxectivo: facer arte. Como este peixe (Foto RetoqueRetro)















MOCHILA VIAXEIRA

Olaaaa !!!

Aquí vai outra mochila !!!  Boa viaxe !!



8 de nov. de 2021

MALETAS VIAXEIRAS

 Boasss outra vez !!!!

E non só temos Mochilas viaxeiras. Acaba de chegar á Bibliflora... unha MALETA VIAXEIRA!!!


Chea de libros e cousiñas para que podades CREAR todo o que queirades: coas letras e coas palabras, con papeis, con construcións, co Tangram... Todo o que vós podades imaxinar!!!









Aproveitade e vide á Biblio c@s mestr@s a disfrutar e aprender con todos estes materiais.




NOVA MOCHILA

 Boaassss!!!

Aquí tedes outra mochila máis en camiño. Xa estarán disfrutando dela @as nos@s compañeir@as.



3 de nov. de 2021

Mes da ciencia

 Ola rapazada !!!



Arranca o MES DA CIENCIA EN GALEGO e, como xa vos dixen na miña carta, gustaríame que preparárades algún experimento ou algún traballo científico e que llo ensinárades @s vos@s compañeir@s. Estades preparad@s? Pois ... ADIANTE !!1

Aquí tedes, tamén, o cartel XII Día da ciencia en galego


Nesta edición, homenaxéase a Alan Touring, matemático inglés, e Tarsy Carballas, científica galega.
Contarvos que Alan Touring, aos tres anos, xa destacaba pola súa memoria e, cando tiña oito anos, como lle gustaba tanto a química, montou un laboratorio na súa casa. Cando xa se fixo maior, dedicouse ás matemáticas e e fixo unha importante contibución á informática, no campo da intelixencia artificial (IA). Dicía que "un computador pode ser chamado intelixente se é quen de enganar a unha persoa facéndolle crer que é un humano". 
Tarsy Carballas estudou, en Santiago de Compostela, Farmacia e Ciencias Químicas e, entre outras cousas, investigou para buscar solucións para terreos en zonas afectadas polos incendios. Que importante o seu traballo !!
No Manifesto que nos ofrece Amparo Alonso Betanzos (enseñeira química e investigadora en intelixencia artificial), dinos que temos a sorte de que podemos facer unha viaxe científica dende as bibliotecas, que non só teñen libros e outros materiais, senón que tamén recollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, "cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender".






2 de nov. de 2021

VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Como vades???

Nova semana na que as Mochilas viaxaron ás vosas casas..



LECTURAS DO MAR

 Olaaaa, olaaaaa !!!

Seguro que xa estades aprendendo moitas cousas sobre o mar ao estar traballando na proposta que vos chegou na miña carta para estes meses de outubro e novembro. Para que disfrutedes e aprendades sobre o tema, aquí tedes algún dos libros que están chegando á nosa biblioteca.

A Balea, de Benji Davies. Publicado pola editorial Kalandraka.


Nunha casa xunto ao mar, vive Noé co seu pai. Como este é pescador, Noé pasa o día só. Bueno, non tan só, porque ten seis gatos. Unha mañá, despois dunha tormenta, Noé atopa unha pequena balea barada na praia e decide levala á súa casa para coidar dela.. O seu pai non debe enterarse !!! 
Unha historia dun neno que está só, pero que atopa unha balea que se convertirá na súa amiga. Unha amizade que cambiará as súas vidas para sempre.

Océanos, publicado pola editorial DK.


Un libro para descubrir o mundo submarino e os animais que viven nel, con incribles ilustracións en 3D. Poderedes coñecer como se forman as grandes olas, por que se producen os tsunamis, como cazan, crían e viven os animais mariños, de que forma os océanos nos dan enerxía, como é un barco pesqueiro, como afecta o cambio climático aos hábitats mariños.... E moitas cousas máis !!