25 de nov. de 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 Boas, amig@s !!!

Hoxe é o 25 N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Este día é necesario reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.

Na entrada do cole tedes libros para traballar todos estes temas. Aínda que xa sei que estivestes traballando con algúns, para facer un cartel colaborativo.

Ademais, déixovos uns vídeos cos que podedes traballar na clase, para poñer en común as vosasa ideas.



Tedes que recordar sempre que a palabra máis importante para poñer fin á violencia é RESPECTO. Recordala sempre. Xunt@s temos que ser capaces de eliminar esa violencia.


Déixovos, tamén, un vídeo de Adhara & Ritman, coa canción "Por elas". 


25 N, HOXE E TODOS OS DÍAS DO ANO.








Ningún comentario:

Publicar un comentario