21 de dec. de 2020

FELIZ NADAL



 OLA,OLA!!!

    Que tal? Xa rematando o trimestre; este trimestre no que cambiaron moitas cousas, pero no que seguimos aquí preparando todo para a volta.

Coma sempre, nestas datas temos que desexar un BO NADAL e un moi, moi, mooooiiiiiiiii......... FELIZ ANINOVO e, coma sempre tamém, acompaádo de boas lecturas. 

Aquí vos deixo as miñas recomendacións. Espero que o pasedes ben con estes contos, estas historias... e que podades imaxinar todos os mundos aos que vos permitan viaxar. 

Un abrazo moi grande e a PASALO BEN!!!!!








10 de dec. de 2020

NO SAMAÍN

 BOAS !!

Aínda que non puidemos vernos, estivemos facendo as nosas cousiñas na clase, co@s nos@s compañeir@s. Na carta que vos mandei polo Samaín, pedíavos que debuxárades o voso monstro para poder facer un mural. Aquí está o resultado, que xa puidestes ver na entrada do cole.


E aquí os tedes con máis detalle...







Asustan !! A que si ???  Que medo !!!!

E gustáronvos os libros de medo que vos mandei? A que foi unha actividade moi fácil? Espero que disfrutárades deles.


OLA, OLA !!!!

Canto me tardaba falar con vós !!!!!

Xa sabedes que estivemos con obras no colexio, polo que tivemos que recoller toda a biblioteca. Contábamos con que nos puxeran un novo chan, para que puidéramos estar máis cómod@s; pero, non foi posible. Aínda, así, tivemos moitíííísssimo traballo. Non volo podedes nin imaxinar. Por iso non puidestes vir visitarme. De todas maneiras, supoño que non deixastes de ler durante este tempo. Iso espero !!!

Case temos todo listo, polo que, á volta do Nadal, xa podemos empezar  a encontrarnos na Biblio. Estamos preparando un protocolo de uso da Biblioflora, xa que, como tod@s sabedes, neste curso, temos que  seguir unha serie de normas, igual que no resto do cole. Mirade como vos estou esperando...


Así que vade preparándovos para vir visitarme e para coñecer todas as novidades que teño preparadas para vós. Mentras, non deixedes de ler. Axiña vos farei as recomendacións para Nadal.

                             Espérovos !!!!!