10 de dec. de 2020

OLA, OLA !!!!

Canto me tardaba falar con vós !!!!!

Xa sabedes que estivemos con obras no colexio, polo que tivemos que recoller toda a biblioteca. Contábamos con que nos puxeran un novo chan, para que puidéramos estar máis cómod@s; pero, non foi posible. Aínda, así, tivemos moitíííísssimo traballo. Non volo podedes nin imaxinar. Por iso non puidestes vir visitarme. De todas maneiras, supoño que non deixastes de ler durante este tempo. Iso espero !!!

Case temos todo listo, polo que, á volta do Nadal, xa podemos empezar  a encontrarnos na Biblio. Estamos preparando un protocolo de uso da Biblioflora, xa que, como tod@s sabedes, neste curso, temos que  seguir unha serie de normas, igual que no resto do cole. Mirade como vos estou esperando...


Así que vade preparándovos para vir visitarme e para coñecer todas as novidades que teño preparadas para vós. Mentras, non deixedes de ler. Axiña vos farei as recomendacións para Nadal.

                             Espérovos !!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario