Amosando publicacións coa etiqueta Samaín-Halloween. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín-Halloween. Amosar todas as publicacións

21 de feb. de 2014

SAMAIN


Bruxas voando, gatos negros nos corredores, cabazas que alumean... asi estibo o colexio para celebrar o Samaín.
Como é de costume, este curso celebrouse a III Carreira do Medo. A carreira consiste en ler as pistas que nos manda Flora e logo adiviñar os libros aos que fan referencia para completar o taboleiro do castelo ou da cabaza.




samain - diapositivas

23 de nov. de 2012

REMATADO O SAMAÍN

Rematado o Samaín, Flora xa se prepara para o Nadal. Pero mentres tanto quere amosarvos as diferentes actividades que fustes facendo ao longo do Samaín: a carreira do medo, os vosos monstros, os marcapáxinas monstruosos, postais....


Esta é unha pequena mostra dos traballos dos nenos no tempo de celebración do Samaín:

5 de nov. de 2012

FLORA NO SAMAÍN






 Estamos en tempo de bruxas, cabazas, monstros e morcegos. O medo é o protagonista da biblioteca. Este curso Flora proponvos rebuscar no cadaleito e atopar o libro máis terrorífico para ler no tempo de lecer. Ademais xa está preparada a II carreira do medo. Lede as pistas e adiviñade de que libro se trata para completar o taboleiro do castelo (infantil) e da cabaza (primaria).
  Tamén atoparedes ao longo desta semana unha exposición dos vosos traballos de plástica na entrada do colexio.
 Ademais coma todos os anos as profes de inglés propóñenvos traer as vosas cabazas personalizadas para a mesma exposición. Cal será a cabaza máis terrorífica? Animádevos  e facede as vosas propias creacións.