O MAR QUE NOS FALA

22 de out. de 2021

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

 OLAAA !!!

Xa chegaron ao centro os carteis do lema proposto pola Asesoría de Bibliotecas. É obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero. Xa o tedes exposto no taboleiro da biblio. Déixovolo aquí.


A palabra é a que permite abrir os camiños da imaxinación, do pensamento, da beleza e do coñecemento. Usamos a palabra no diálogo, na reflexión, no debate, na exposición, nos recitais, na lectura en voz alta... Todo isto podemos facelo na biblioteca, o espazo de tod@s.
Proponse traballar para recuperar a tradición oral, para achegarnos ás raíces da nosa cultura: coñecela, gozar dela e darlle continuidade.
Asi que... ADIANTE!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario