O MAR QUE NOS FALA

8 de maio de 2020

AS PALABRAS QUE FALAN

OLA, AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!!!!!!!!!!!!!

 Que ganas de vervos!!!!
Non sei moi ben en que día vivo, pero sei que é maio e que, dentro duns días, vai ser o Día das Letras galegas. E, claro, non podemos estar xunt@s para celebralo como qixéramos. Pero podemos facer algo dende a casa para que non pase desapercibido este día.
Este ano,  como decidíu a Real Academia Galega (RAG), estaba adicado a Ricardo Carvalho Calero,que foi un profesor nado en Ferrol en 1910 (fai 110 anos) e que finou en Santiago de Compostela en 1990 (fai 30 anos). É unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, entre outras cousas, por ser colaborador da revista Nós, por participar na recacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e implicarse na recuperación do idioma propio.
A RAG decidíu, por primeira vez na súa historia, aprazar a celebración ata outubro, así que, daquela, voltaremos falar del. Pero, mentres...

Propóñovos que, xa que estábamos traballando a pintura, escollades a palabra galega que máis vos guste, que a pintedes, a decoredes..., que a fagades como un "collage"... Poñédeslle o voso nome e mandádesme unha foto.
Aquí tedes dous exemplos:



Xa estou agardando!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario