22 de feb. de 2013

ROSALÍA DE CASTRO. 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS




  

 O día 22 celébrase o Día de Rosalía nos centros de ensino, co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Para conmemorar tal data os nenos e nenas de 3º ciclo están a preparar un recitado de poemas pertencentes a esta obra   para expoñerse con apoio visual ao resto do alumnado e profesorado do cole. 
   - "Adios ríos, adios fontes"
   - "Campanas de Bastabales"
   - "Paseniño, paseniño"
   - "Un repoludo gaiteiro..." que musicalizarán coa guitarra.



Ademáis, deixamos aquí máis información para aqueles que queiran achegarse á vida e obra da escritora galega máis universal: 

  -  A Fundación e Casa-Museo Rosalía de Castro.  

 -  A Fundación Manuel María de Estudos Galegos dispón na súa web dunha EXPOSICIÓN en vinte paneis, unha UNIDADE DIDÁCTICA e un VÍDEO.   

  -  Rosalía de Castro. CEIP de Nosa Señora de Xuvencos



Tamén podedes ver e escoitar algúns poemas musicados de Rosalía:



1 comentario: