O vindeiro día 30 de Xaneiro celébrase o día escolar pola Paz e a Non Violencia. Como vimos facendo con todas as conmemoracións dende que empezou este curso, queremos relacionalo co noso proxecto anual "Como como". Con tal motivo enlazámolo cun dos dereitos fundamentais dos nenos, o dereito á alimentación. Así, para o noso Día da Paz traballaremos "A comida no mundo" .
Para preparar e elaborar este proxecto, Flora xa andivo rebuscando polos andeis libros e outros recursos relacionados coa Paz, os valores, a alimentación no mundo...que xa están á vosa disposición na biblioteca. Atrevédevos a probar os diferentes sabores do mundo!

Imos deixar aquí tamén algúns links con información e recursos sobre o tema da paz:
Grazas aos compañeiros de orientación Andújar por esta selección de materiais e recursos
Este foi en imaxes o noso Día da Paz:
Ademáis aquí podedes ver como quedou no noso mapa do mundo o que os nen@s foron expoñendo sobre as comidas dos países que elexiron para este día:
Ningún comentario:
Publicar un comentario