29 de abr. de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 Olaaa!!!

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, para concienciar á poboación sobre os riscos que pode causar o acoso entre @s escolares e para divulgar diversos métodos para evitar que esta situación ocorra.

Na biblioteca temos algúns libros para que podades coñecer algunhas cousiñas sobre este problema e para comprender como se senten @s nen@s que o sofren. 

¿Qué le pasa a Uma?, de Raquel Díaz Reguera, de Nubeocho ediciones.



Conta a historia de Uma, unha nena moi especial, Tod@s  pensan que é rara e por iso se aílla e prefire pasar soa o tempo de recreo.Coa axuda da súa profesora, enfróntase ao dilema de ser "única" ou coma "todos os demais". 

¿Qué le pasa a Nicolás?, de Juana Cortés Amunárriz, de Nubeocho ediciones.


Sofi dáse conta de que algo lle pasa a Nicolás. Está perdendo as súas cores! Primeiro a cor do seu pelo, o laranza. Despois, o verde...O médico dille que coma mandarinas, que coma kiwis. Pero... ¿Iso pode solucionarse con froita? A realidade é que Nicolás está sofrindo acoso escolar. Sofi e outr@s amig@s axudaranlle.

Rojo o por qué el bullying no es divertido, de Jan Kinder, da editorial Tramuntana. 


Neste conto fálase das testemuñas, d@s que co seu silencio e as súas risas dan forza @ acosador@. Unha nena dáse conta de que as cousas comezan a traspasar certos límites e decide convencer @s s@s compañeir@s  da clase de que non deben seguir consentido ese acoso. Desta maneira, deixan ao acosador sen público.
Sonríe, de Raina Telgemeier, da editorial Maeva.

É unha novela gráfica para nen@s grandiñ@s na que a protagonista rompe os dentes e, ademais de ter que estar  visitando ao dentista, ten que veer como as súas amigas, ou as que ela cría que eran as súas amigas, empezan a convertela no centro das súas burlas. A partir dese momento, dáse conta de que ten que tomar unha decisión importante.
Cinco horas con Mauro, de Pere Tobaruela, da editorial Embora.

Conta a historia de Mauro, un neno que estaba farto de que catro compañeiros da escola lle fixeran a vida imposible, polo que decide solucionalo á súa maneira. 
Hoy no juegas, de Pilar Serrano, de Nubeocho ediciones.


Neste álbum, cóntase a historia dun patio de colexio no que todo cambiou coa chegada dunha nena nova, Emma. Ana , Zoe e Víctor e tod@s @s compañeir@s de clase viron como o momento máis divertido do día cambiou por completo. Emma é unha nena que non sabe xogar e que quere mandar en todos os xogos e as actividades: decide quen xoga ou non, obríga@s a darlle o almorzo, conta mentiras sobre @s compañeir@s...






















Ningún comentario:

Publicar un comentario