O MAR QUE NOS FALA

16 de dec. de 2021

CHEGA O NADAL!!!

Como estades???

Seguro que esperando xa as vacacións de Nadal.. Eu vou quedar aquí moi soa, pero ... estarei preparando xa cousiñas para o seguinte trimestre.

Que bonito quedou o poboado de Nadal. Que marabilla de casas!!!


E mañá ... Temos un concerto de Magín Blanco, co espectáculo "O que levamos nas maletas". Que nerviosa estou !!! Encántame Magín !!! Recordades algunha destas cancións? Témolas cantado no cole.




Mañá ofreceranos un conto musicado, que despertará a nosa creatividade e a curiosidade pola lingua e os contos.

A DESFRUTAR !!!




 O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario