O MAR QUE NOS FALA

9 de dec. de 2021

LENDO TEATRO

Como estades, rapazada?
Hoxe tráigovos un libro da editorial Galaxia que fala do marCarabela É unha obriña de teatro de Paula Carballeira

Conta a historia de Carabela. Quen é Carabela? Diredes que ten nome dos barcos que chegaron a América, aló polo ano 1942. Pois Carabela é unha nena , que é cociñeira nun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes, de paxaros que se queixan por comer substancias nocivas... E que fai Carabela ao ver isto? Pois non se lle ocorre outra cousa que construír unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. 
O que quere Carabela é mandarnos unha mensaxe sobre a importancia de que coidemos o medio ambiente e recordarnos que só temos un planeta e de nós depende a "súa saúde".
DESFRUTADE !!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario