23 de febreiro
Todo o alumnado do centro aprendeu de memoria
e recitou distintos poemas de Rosalía
14 de febreiro
En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, compuxemos un fermoso corazón xigante empregando pequenos papeis de cores nos que as nenas e nenos do colexio.
Tamén escribimos cartas en forma de peixe que entregamos a compañeiras/os destacando algunhas das súas cualidades.
O 30 de xaneiro foi o Día da Non Violencia e da Paz e todo o alumnado do colexio foi desfrutar dunha obra de teatro representada por membros da Fundación Eu Son; unha obra baseada no libro "Guapa" de Canizales. Recollimos algunhas doazóns que serán entregadas a dita fundación.
O día 3 de decembro conmemoramos o Día das Persoas con Discapacidade reflexionando sobre que todas as persoas temos os nosos puntos fortes e débiles; e elaborando bolboretas seguindo o lema...
"DIFERENTES NO VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"
O Nadal foi festexado por todo o alto!