Ola, Olaaaaa!!!
O pasado, xoves, día 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Dende Biblioflora e o Departamento de Orientación fíxose unha selección de libros e vídeos para poder traballar nas titorías sobre este tema.
Dous libros que tratan o acoso para idades diferentes. O de Uma é para nen@s a partir de 6 anos e o de Nicolás está enfocado a lector@s de máis de 8 anos.
Un libro que trata o acoso dun neno dende o luns ao venres e que espera a fin de semana para poñerse a salvo.
Conta a historia dunha nena que se muda coa súa familia da cidade á aldea. Na escola sofre as burlas d@s compañeir@s polo seu aspecto e por ser máis intelixente. Para superar todos os atrancos da realif¡dade, imaxina unha amiga invisible.
Un libro sobre a amizade, o respecto e a importancia de tratarnos ben.
Un libro en verso a favor da tolerancia e en contra dos prexuízos.
Cóntanos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empuxóns e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis.
Un libro que nos fai ver a importancia da empatía.
Unha historia divertida na que Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal.
Para seguir profundizando no tema, tedes aquí algúns vídeos.
Infantil, 1º e 2º de Primaria:
3º, 4º, 5º e 6º de Primaria :
Ningún comentario:
Publicar un comentario