O 30 de xaneiro foi o Día da Non Violencia e da Paz e todo o alumnado do colexio foi desfrutar dunha obra de teatro representada por membros da Fundación Eu Son; unha obra baseada no libro "Guapa" de Canizales. Recollimos algunhas doazóns que serán entregadas a dita fundación.
7 de feb. de 2025
DÍA DA dis-CAPACIDADE
O día 3 de decembro conmemoramos o Día das Persoas con Discapacidade reflexionando sobre que todas as persoas temos os nosos puntos fortes e débiles; e elaborando bolboretas seguindo o lema...
"DIFERENTES NO VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"
O NADAL NO CASELLES
O Nadal foi festexado por todo o alto!
- Elaboramos bólas de Nadal para agasallar ás compañeiras/os.
- Coñecimos outras personaxes do Nadal (gracias ao alumnado de 6º EP) de Galicia e outras rexións de España: Apalpador, Chicharrona, Olentxero, Anjanas e Tió de Nadal.
- Tivemos un mercado de Nadal.
- Recibimos a visita dos Reis Magos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)