14 de mar. de 2024

DÍA DA MULLER

Outra vez por aquíííí....!!

O pasado venres, para conmemorar o 8M, coa colaboración da Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, tivemos no pavillón municipal unha actividade conxunta a Escola de Educación Infantil, o noso cole, o IES Illa de Sarón e o Centro da terceira idade do noso concello.

Entre tod@s "construímos" unha árbore na que estaban os pensamentos e desexos de tod@s @s participantes, ademais de ler algúns deles. O alumnado de Secundaria fixo lectura dun manifesto. Por último, soltáronse globos de cor violeta dentro do pavillón.

Aquí tedes algunha foto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario