6 de mar. de 2024

8 DE MARZO

 Olaaaaa!!!

O próximo venres, día 8 de marzo, é o Día Internacional da muller. Unha data moi importante para tod@s para entender a loita de todas as mulleres que viviron antes ca nós. Debemos coñecer a nosa historia, para formar un sentido crítico, que nos permita entender o que ocorría antes e valorar todos os logros conseguidos e seguir traballando ata conseguir a igualdade.

Para axudar a entender o por que deste día, aquí tedes uns vídeos. 

 





Aquí tedes tamén unha canción das Fillas de Cassandra, LISÍSTRATA (varre vasoira).


Tedes tamén libros na Biblioflora.


  

Boas lecturas!!!!


 





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario