Como idesss????
Onte, 21 de marzo, conmemoramos o Día da Poesía. Tivemos uns días traballando cos libros de poesía da Biblioflora. Recollimos un montón de poemas de diferentes autor@s, copiámolas en folios de cores, enrollámolas cun laciño ou unha corda e repartímolas polos establecementos comerciais de Xove para que se repartiran coa compra do día 21. Ademais, elaboramos uns carteis para anunciar a actividade.
O alumnado ´de 2º de Primaria saíu ese día pola vila para ler poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario