3 de dec. de 2021

TOD@S IGUAIS

 Boaaassss...

Como estades?

Supoño que xa sabedes que día é hoxe: o Día Internacional da Diversidade Funcional. Xa falei na entrada anterior do mesmo e dos libros que tedes na biblioteca. Pois agora, déixovos unhas curtas nas que poderededs ver como hai persoas que se desenvolven de diferentes maneiras.

Conociendo el mundo con otro sentido: conta a historia dunha nena con discapacidade visual, pero que demostra que isto non lle afecta na súa vida diaria.


Cuerdas: curta gañadora dos Premios Goya de 2014. María faise amiga do seu novo compañeiro de clase, que non pode moverse nin falar, porque ten parálese cerebral.


El cazo de Lorenzo: vese o día a día dun neno diferente, coas súas dificultades, a súas cualidades, e os obstáculos aos que ten que facer fronte.


El viaje de María: é unha viaxe a o mundo anterior dunha adolescente con autismo.


Por cuatro esquinitas de nada: para facernos reflexionar sobre os cambios que debemos facer na sociedade para poder incluír a todas as persoas.


Campaña da Junta de Andalucía



Pip: conta a historia dun can que, a peares das súas dificultades, conseguirá ser can-guía


Ian: un neno que non renuncia a xogar no parque co@s demais e, coa axuda de tod@s, consígueo.


Lo incorrecto: para que nos poñamos na pel das persoas con discapacidade.













Ningún comentario:

Publicar un comentario