Como estades?
Eu, aquí estou, disfrutando desta ponte tan longa no mes de decembro e pensando xa nas vacacións de Nadal, coma vós. E neste mes non chegan os días para tanto que quereríamos facer. Despois do Día internacional da Diversidade funcional, chega o Día dos Dereitos humanos, o 10 de decembro (xa sabedes que, tamém, o pasado 20 de novembro foi o Día dos dereitos da Nena e do Neno). Este mesmo día, pero no ano 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos
(DUDH), que é un documento
histórico que proclama os dereitos que corresponden a toda
persoa como ser humano, independentemente da súa raza, cor,
relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe
nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra
condición.
Pois, por isto tedes na Biblioflora unha exposición de libros para traballar sobre este tema.
Ademais, déixovos estes vídeos para que entendades mellor para que serven os dereitos humanos e por que é importante que se respecten. Onde empezan os dereitos humanos? Como dicía Eleanor Roosevelt, empezan "en pequenos lugares, preto da casa; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa. (...) Se estes dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha outra parte." Por iso é tan importante a súa defensa no noso entorno, para poder avanzar en todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario