Olaaaa !!!!
O próximo venres, día 3 de decembro, é o Día Internacional da diversidade funcional. En 2006 aprobouse a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, despois de moitos anos de traballo das Nación Unidas na área das discapacidades. Na actualidade, a través da Axenda 2030 polo Desenvolvemento Sostible, avanzouse aínda máis nos dereitos e no benestar das persoas. Esta Axenda ten o compromiso de "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade debe terse en conta para poder conseguir os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Para afondar neste tema, déixovos na biblio libros para ler e aprender. Disfrutade !!!
Iremos publicando máis cousiñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario