Para seguir aprendendo cousiñas sobre o mar, hoxe preséntovos dous libros que podedes atopar na Biblioflora.
Neste libro, aparecen peixes, de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... Todos viven no arrecife de coral. Mergúllate no mar e explora todos os recunchos e atopa onde se agocha cada animal.
Explora 15 ecosistemas acuáticos diferentes e descubre a incrible fauna que os habita. Dende os viveiros de algas ata o mar aberto, pasando polas fumarolas submarinas ou os arrecifes de coral tropicais, ata os manglares e os estuarios costeiros. Nas primeiras páxinas, contén unha serie de breves e interesantes explicacións dos termos imprescindibles para poder entender o que sucede no fondo mariño, nos lagos e nos arrecifes.
DISFRUTADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario