24 de feb. de 2021

DÍA DA MULLER

 OLAAA !!!!

Que vos parece se, xa que se achega o 8 de marzo, investigamos sobre as mulleres "Salvadoras do noso Planeta"?

Nas reunións sobre temas medioambientais (como ocorre sempre en todos os campos), a ausencia das mulleres é unha constante. Sen embargo, son moitas as mulleres que dedicaron e dedican as súas vidas á defensa do medio ambiente. Investigadoras, activistas, naturalistas... Algunhas son mulleres con estudos; outras, son amas de casa que se organizaron para defender os intereses da súa terra. Todas contribúen a facer o noso planeta máis habitable. 

Pois... adiante !! Preparade información sobre algunha desas mulleres, que nos axude a visibilizalas e a darlles a importancia que se merecen. 

Xa espero os vosos traballos !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario