22 de feb. de 2021

21 DE FEBREIRO

Onte foi o Día Internacional da Lingua materna. Neste ano, a UNESCO ten o obxectivo de fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e na sociedade. A RAG (Real Academia Galega), para afondar na importancia da transmisión da lingua dentro das familias, recuperou o relato "Xeliña fala galego", escrito en 1968 polo mestre e tadutor Valentín Arias, no que conta a experiencia de educar en galego á súa filla, Xela Arias (a autora homenaxeada neste 2021 co Día das Letras Galegas). Aquí volo deixo... 




Ningún comentario:

Publicar un comentario