25 de feb. de 2021

8 DE MARZO

 Aquí estou outra vez...

Como vos dixen, o 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Por iso, temos a biblio cargadiña de libros que nos contan a vida de moitas mulleres, a maioría pouco coñecidas e valoradas. E tamén libros con historias que nos axudan a ver que tod@s somos iguais.



Sabedes por que e dende cando se celebra esta data? Pois dende 1975, cando foi declarada pola Asemblea da Organización de Nacións Unidas (ONU). Conmemórase porque, no ano 1857, un gran grupo de traballadoras saíron protestar polas rúas de Nova Iork para pedir que se respectaran os seus dereitos. A partires dese momneto, comezou a loita: polo dereito ao voto, polos dereitos laborais, polo dereito a acceder aos estudos...

Conseguiuse moito, pero queda moito camiño por andar; camiño que temos que recorrer xunt@s mulleres e homes.

Como me gustan tanto os libros, vou falarvos dalgúns dos que temos na biblio ...

Me llamo Pecas, de Raquel Díaz Regueira, da Editorial Nubeocho. En ningún momento sabemos se @ protagonista do conto é unha nena ou un neno. Pecas faise preguntas: Hai libros de nenos e de nenas? Os xoguetes son de nenas e de nenos? E a roupa? E por que?  Un libro real no que se evidencian todos os estereotipos que están presentes na nosa sociedade, situacións que nos atopamos diariamente e que nos fan ver a desigualdade que existe no mundo. 


La tiranosauria, de Michelle Robinson e Deborah Allwright, da Editorial Picarona.. Maisy está enfadada porque o seu irmán Ed non lle presta os seus monecos de dinosaurios. Ed pensa que os tricerátops e os tiranosaurios non son cousa de rapazas. Pero Maisy sabe que está equivocado. Só llo di porque el non viu nunca á enorme, fera e poderosa Tirosauria! 

Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, da Editorial Kalandraka. Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Anika, o cabalo Pequeno Tío e o mono señor Nilsson disfruta de numerosas aventuras.


La aventura del 8 de marzo, de Ana Alonso, da Editorial Anaya. O superheroe Lucas quere unirse coa súa avoa Ruth e á súa amiga Leonor, tamén superheroínas, á folga do 8 de marzo en favor dos dereitos das mulleres. Pero ese é xusto o día que elixiron os feiticeiros intergalácticos para lanzar un terrorífico ataque por internet... Lograrán Lucas e Leonor deter a ameaza?


A princesa Sabela, de Cornelia Funke, da Editorial Xerais. Que aburrido é ser unha princesa ! Sabela está farta de que llo dean todo feito, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa... Unha mañá cansa de ser princesa e decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña do pazo e no cortello dos porcos. Que divertido ! Nunca fora tan feliz ! 


16 mujeres muy muy importantes, de Violeta Monreal. Un libro para coñecer a 16 das mulleres máis importantes da historia universal: Cleopatra, Juana de Arco, Isabel la Católica, Teresa de Jesús, Jean Austen, Florence Nightingale, Marie Curie, Mata Hari, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Coco Chanel, Frida Kahlo, Teresa de Calcuta, María Callas, Ana Frank e Valentina Tereshkova.


Alfombriña, de Cristina Ferreiros, de Baía edicións. A Alfombriña non lle gusta que lle digan o que ten que facer; quere decidir por ela mesma.  


Ellas también cuentan, de Ana Alonso, da Editorial Anaya. É o Día da Ciencia e, nos seus traballos, sobre grandes científicos do pasado, Sebas, Daniela e o resto da clase esqueceron incluir mulleres. A directora do colexio decide embarcalos nunha viaxe máxica que @s levará a coñeceer a grande científicas, como Hipatia, Ada Lovelace, Hedy Lamarr ou Jane Goodall.


Fina a pirata, de Helena Villar Janeiro, da Editorial Galaxia. Fina é unha nena moi especial, porque unha das súas pernas tamén o é. Por iso, o patio do recreo vai ser un enorme escenario onde os piratas van vivir as mil aventurasa que esta piratona de camiñar curioso vai vivir con tod@s @s s@s compañeir@s.


Niñas que imaginaromn lo imposible (y lo consiguieron), de Tony Amago, da Editorial Algar. Aviadoras, navegantes, arqueólogas, motoristas, trotamundos, zoólogas, naturalistas, periodistas, pilotos, cosmonautas, alpinistas... Poderás coñecer as historias de case unha vintena de mulleres de todo o mundo, que se fixeron famosas por atreverse a soñar o imposible... e conseguilo !!


El viaje de Od, de Susana Isern, da Editorial Tierra de Mu. O pequeno Naran está moi enfermo e só pode curalo unha planta medicinal que medra nas altas montañas. Unha nena chamada Od, un reno e unha aguia de ás douradas nun emocionante e arriscado viaxe, desafiando o frío inverno, tentarán axudalo.


Las niñas serán lo que quieran ser, de Raquel Díaz Reguera, da Editorial Beascoa. A continuación de Cuando las niñas vuelan alto. Por fin Violeta, Adriana, Jimena e Martina se puideron desprender de todas as pedras que levaban nos petos e poden voar ! Pero a banda de NONOCONSEGUIRÁS segue ao asexo e prepara un novo golpe para evitar que as nenas se eleven libres e felices. Ao mellor, coa axuda do señor SEQUERESPODES, elas consigan cambiaar a canción do NON pola canción do SI. Lograrán voar hacia o máis alto? Conseguirán ser o que queiran ser? 

E hai moitos máisssss  !!!!
Estareivos esperando....

Ademais, para as familias, tamén temos ...

Neste libro, da Plataforma Editorial, Iria Marañón (que xa publicou Educar en el feminismo)  axudános a ver doutra maneira a forma na que educamos @s nos@s fill@s, co fin de detectar e cambiar moitos dos erros e as inxustizas que que repetimos inconscientemente. Dinos que debemos educar aos nenos como seres pensantes e autónomos, liberados da construcción de xénero e dos roles que a sociedade se empeña en trasnsmitir.

Animádevos a lelo !!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario