13 de maio de 2020

AS PALABRAS QUE FALAN

BOAS!!!

Seguen chegando as vosas palabras. Que bonitas!!!
E que ben soan!!!!



































CHEGAN AS PALABRAS!!!

BOAS!!!

Xa me están chegando as vosas palabras. Quedan preciosas!! E que palabras máis fermosas...
Aquí volas deixo:






















8 de maio de 2020

AS PALABRAS QUE FALAN

OLA, AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!!!!!!!!!!!!!

 Que ganas de vervos!!!!
Non sei moi ben en que día vivo, pero sei que é maio e que, dentro duns días, vai ser o Día das Letras galegas. E, claro, non podemos estar xunt@s para celebralo como qixéramos. Pero podemos facer algo dende a casa para que non pase desapercibido este día.
Este ano,  como decidíu a Real Academia Galega (RAG), estaba adicado a Ricardo Carvalho Calero,que foi un profesor nado en Ferrol en 1910 (fai 110 anos) e que finou en Santiago de Compostela en 1990 (fai 30 anos). É unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, entre outras cousas, por ser colaborador da revista Nós, por participar na recacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e implicarse na recuperación do idioma propio.
A RAG decidíu, por primeira vez na súa historia, aprazar a celebración ata outubro, así que, daquela, voltaremos falar del. Pero, mentres...

Propóñovos que, xa que estábamos traballando a pintura, escollades a palabra galega que máis vos guste, que a pintedes, a decoredes..., que a fagades como un "collage"... Poñédeslle o voso nome e mandádesme unha foto.
Aquí tedes dous exemplos:



Xa estou agardando!!!!!!

6 de maio de 2020

O PAPAGAIO

BOAS!!!!!

Estou moi contenta, porque xa comezo a escoitar as risas d@s que paseades preto do cole. Tamén vos vexo polas regandixas das persianas. Que ben!! Canto me alegro de que esteades ben!!
E eu aquí, na biblioteca, sigo lendo. Con tantos libros... E tamén teño O Papagaio, xa sabedes, o xornal que nos chega ao cole. Aquí o tededs, para que podades lelo nas vosas casas. Que o disfrutedes!!!!

O do mes de abril:

O mes de maio:


 O PAPAGAIO nº 8 (Maio 2019) | Revistas y Letras







29 de abr. de 2020

A MICORREDE QUEDA NA CASA

OLA, OLA!!!

Pois claro!! Este ano a Micorrede da Mariña queda na casa, como non pode ser doutra maneira.
O tema deste curso era Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo. Tomouse a decisión de retomar a actividade o próximo curso. Sen embargo, quixemos ofrecervos este vídeo, no que as Bibliotecas da Microrrede saúdan a toda a comunidade educativa da Mariña e no que se fai un recorrido polas oito edición anteriores. 
Un abrazo para tod@s.


LEMOS NA CASA

COMO VADES?

Estiven agardando por se chegaban máis fotos. Como penso que xa rematastes de enviarmas, deixo as últimas.
Un abrazo moi, moi, moiiiiiii grande para tod@s!!!!!




25 de abr. de 2020

CONTOS DENDE A CASA

OLA,OLA!!!

Mirade que sorpresa!!
Chegoume este conto de Gabriel, o noso compañeiro de 5º de Infantil, para que o compartira con tod@s vós. Espero que vos guste!!!




LEMOS NA CASA

BOAS RAPAZADA!!!!

Seguen chegando...