Como ides????
Hoxe quero ensinarvos un libro que me encanta.
La casa de los ratones
de Karina Schaapman, da editorial Blackie Books
Unha casa que non se parece a ningunha outra!!
Sam é o mellor amigo de Julia e Julia é a mellor amiga de Sam. Sam é SUPERtímido e Julia é SUPERcuriosa. Xunt@s viven un montón de aventuras e conseguen meterse nalgúns líos!!!
Os días pasan voando nesta casa. Atréveste a entrar??
Descubrirás un escondite secreto, daraslle a benvida a un rato encantador, farás deliciosas "tortitas"...
E aquí tedes a Julia e a Sam na nosa biblioteca e facéndolle compañía a Flora. Que andarán argallando??
Se queredes ver a historia de como a autora construiu esta casa, clicade na imaxe
Espérovos na Biblio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario