28 de nov. de 2022

3 DE DECEMBRO

O 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:

"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"

E pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Solicita aos estados que tomen aas medidas necesarias para que poidan acceder á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos para a súa integración.

Aquí tedes algún vídeo que vos ensina a entender mellor ás persoas con discapacidade.

Ayúdanos a imaginar el mundo, no que Idoya, unha rapaza de 20 anos con xordocegueira, e o pianista Fedor Veselov, protagonizan a primeira curtametraxe da Federación Española de Xordocegueira.

Louis, curta na que o protagonista, de 10 anos, quedou xordo sendo pequeno. Gústalle xogar coas súas mascotas favoritas: os caracois: Nembargantes, non lle gusta nada a escola.

Fragmento da película Al frente de la clase, onde podemos ver un exemplo de inclusión nunha clase dun neno con Síndrome de Tourette.

Perfectas diferencias, curtametraxe sobre a inclusión.


Purl

Rompecabezas, que conta a vida de Sofía, unha nena co Trastorno do Espectro Autista, para a que ter un día normal non é nada fácil. Tod@s esperan que se comporte dunha determinada maneira e ninguén entende o seu mundo.


Academia de especialistas, ensina dunha maneira amena e divertida as habilidades especiais que teñen moitas persoas con autismo e que non sempre se comprenden cando se ven dende fóra.

Día y noche, ensínanos a maneira de convivir pacificamente e respectando ás demais persoas. Dúas persoas diferentes atopan puntos en común e chegan a valorar positivamente a diversidade da outra.

Podedes ver este vídeo, co que podedes entender o concepto de discapacidades. para comprender o que significa ser xordo, cego, ter dificultades de mobilidade, para relacionarse ou de aprendizaxe, así como o valor que posúe o esforzo que fan @s nen@s con discapacidade para integrarse na sociedade.

Super Lucía, ensina que cada persoa é diferente, que todas as persoas temos cousas que se nos dan ben e outras que non tanto, e que é normal que todas as persoas, nalgún momento poidan necesitar axuda.

Cachito, é un conto que narra a historia de Óscar, un neno con discapacidade.

Tamén podedes escoitar a canción "El pozo de Arán", de Carlos Núñez, que trata dunha nai que leva ao seu fillo cego á illa de Arán, onde poderá recuperar a vista. O vídeo, grazas á colaboración da ONCE, conta coa colaboración dun neno cego.


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario