7 de out. de 2022

 

 

 

 

 

 Ola, olaaaaa...

Xa temos aquí o cartel e o lema publicados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para este curso 2022/2023. O lema que elixiron é "Escribir a biblioteca escolar".   

E a que se refiren con isto? Que podedes escribir nas paredes da biblioteca? Noooooonnnnn!!!!

O que queren é que nos fixemos en todas as formas de escrita que nos ofrece a biblioteca   escolar: como medio de comunicación, de expresió n, de creación, de información e de coñecemento.

A imaxe é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez, coñecida como nacu.

 


Na biblioteca escolar podemos...

  • escribir para saber, para aprender
  • escribir para comunicar e comunicarnos 
  • escribir relatos, historias
  • coñecernos a través da escrita: diarios, axendas, biografía...
  • escribir xunt@s en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros...
  • escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía...
  • escribir para incluir, visivilizar
  • traducir

 E moito máis que se vos ocorra!!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario