5 de out. de 2022

ABRE A BIBLIFLORA!!

 Ola, ola, ola, olaaaaaaaaaa!!!!!!

Xa logo imos comezar coa Biblioflora!! Imos un pouco despacio e non abrirá no horario de lecer ata o próximo luns, día 10. Aínda que hai cursos que xa están desfrutando dos seus libros coas Caixas de lectura

Estes días estivemos facendo formación de usuari@s con todos os cursos de Primaria e, tamén, co@s axudant@s. E dinme conta dunha cousiña!!! @s axundant@s nunca foron axudant@s!!! E @s nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria nunca viñeron á biblioteca no tempo de lecer!!! Só para o préstamo!!!

Así que isto vai ser unha novidade para tod@s!!!!! 

E aquí vos presento @s axudant@s de Biblioflora, que nos van axudar na biblio e que nos prepararán moitas sorpresas.

Tamén hoxe saíron as primeiras Mochilas viaxeiras. Espero que desfrutedes con elas.



 Iredes tendo máis noticias miñas. Ata a próxima !!!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario