Rematamos xaneiro celebrando o Día da paz. Entre todo o alumnado, elaboramos un símbolo da paz feito con grúas, para agasallar ao Centro da terceira idade de Xove.
O alumnado de 2º de Primaria leu o libro Me llamo Maryam, de Maryam Madjidi, da editorial Blackie Books e que lles servíu como introdución para falar d@s refuxiad@s.
Ademais, tamén traballaron con outros libros da biblioteca relacionados coa temática do mes.
Xa estamos esgotando este trimestre!! Que rápido pasa o tempo!!!
Xa estamos rematando os traballos sobre a Historia do Cine. Á volta, exporemos todo para que poidades ver e aprender con todo o que prepararon en todas as titorías.
E... como estamos no mes de Nadal... Propuxemos ás familias que usaran latas para facer un adorno para a entrada do colexio.
Que cousas tan bonitas fixestes !! Aquí o tedes.
E xa que imos ter vacacións, que mellor que acompañarnos dun libro, ou dous, ou tres...
Aquí tedes as recomendacións que preparou a Biblioflora. Clicade para velas mellor.
O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da
Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce
sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os
países para a súa erradicación (máis información aqui).
Aquí tedes tamén algúns vídeos para entender mellor de que se fala cando se fala de violencia contra a muller.
Temos tamén algúns libros na Biblioflora
Un conto que intenta chamar a nosa atención contra a violencia familiar e de xénero. Ensínanos o que é entender mal a masculinidade, a recoñecer a desigualdade entre homes e mulleres, a ver o maltrato doméstico...
Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero. Neko
é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte
no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus
sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é
vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o
encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón
gardar como un segredo as experiencias.
Mamá é unha muller forte.
Papá é un home estraño.
Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.
Dicir non e rexeitar contactos desagradables non é fácil. Á infancia
segura de sí misma cústalle menos dicir o que quere e o que non
quere. Por iso é importante que tod@s tomen conciencia das súas
emocións e do seu corpo e contar cun entorno seguro ao que recurrir.
Artur e Clementina son dúas tartarugas que deciden comezar unha vida
xuntos e casan. Para Clementina, isto supón renunciar aos soños e á súa
propia personalidade. Tras un tempo, o conflito aflora en Clementina,
insatisfeita pola súa vida e máis tarde a reacción, unha aposta da
protagonista por ser ela mesma . Unha fábula sobre as relacións de
parella e sobre a importancia de non anular nin deixarse anular por
ninguén e de apostar polo desenvolvemento persoal.
Como estamos no Mes da cienciaen galego, andades a facer experimentos. Xa nos contaredes.
Este curso, desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política
Lingüística,
coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón,
doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC,
membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e
Premio María Josefa Wonenburger no 2022.
Se clicades na imaxe tedes exemplos de actividades.
O próximo luns, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos dereitos das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións,
aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que
establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu
desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando
estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os;
ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en
dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza
que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda
Declaración do Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia
"ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea
Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes
Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a
liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha
nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á
educación, a atención da saúde e a unha protección especial.
Preme na imaxe para coñecer os dereitos das nenas e nenos nas diferentes idades.
E aquí tedes unha canción e un vídeo que nos axudarán a recordalos moi ben, para telos sempre presentes.
Ademais, na BiblioFlora temos algúns libros, coma estes.
Nun país non moi lonxano, vive unha simpática Carapuchiña Vermella de nariz
recachada e pencada que leva zapatillas vermellas. É unha nena moi valente
que, durante as súas andanzas, coñecerá a personaxes un tanto peculiares,
algúns máis coñecidos que outros: Hansel e Gretel, Pinocho, Brancaneves,
unha bruxa malvada, un arrepiante can negro, unha neniña morta de
frío... En cada encontro, a pequena heroína reivindica os dereitos
fundamentais dos nenos e nenas: a expresarse, a ser respetad@s, a ser
tratad@s correctamente, a ter unha educación e a ter segredos, entre
outros.
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron
o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos
que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de
lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de
hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola
súa protección e desenvolvemento.
Once creadores ilustran algo tan importante como os dez primeiros Dereitos do@Nen@, de 1959, base dos dereitos que recollerá a Convención dos
dereitos do Nen@ de 1989. Un proxecto que busca facer un potente
recordatorio visual a uns principios que tod@s deberiamos ter
tatuados na memoria e na nosa educación cívica.
Onte, as nenas e os nenos de 2º de Primaria ofrecéronnos un conto sobre a biblioteca no Kamishibai. Contáronnos que a biblioteca é unha casa na que caben un montón de personaxes, de persoas, de familia, de nenas, de nenos... En definitiva, unha casa na que cabemos tod@s.
Tamén se presentaron @s voluntari@s deste curso e, durante esta semana, van ensinar como é a nova distribución da biblioteca, para que tod@s poidamos movernos nela con autonomía. De todas as maneiras, témolos a el@s para que nos axuden: Rubén, Julia, Carla, Leticia, Dariela R., Paula R., Andrés, Ainara, Noa, Óscar B., Blanca e Daniela C..
Como xa está chegando o Samaín, estivemos preparando a Carreira de medo. Fixemos algúns cambios e, para que sepades en que consiste, aquí vos deixo unha carta.
Ola rapazas e rapaces. Por fin podemos inaugurar a Biblioflora. As nenas e nenos de 2º de Primaria téñennos preparada unha peque sorpresa e as voluntarias e voluntarios de 6º de Primaria hannos de ensinar a nova distribución e explicarnos un pouquiño as normas da biblio durante o tempo de recreo.
Aquí tedes o cartel que deseñaron as vosas compañeiras e os vosos compañeiros de 2º de Primaria.
O día 24 foi o Día das bibliotecas. O lema deste ano é "Tecendo comunidades", co que se quere sinalar a importancia das bibliotecas á hora de construír lazos fortes dentro das comunidades, sendo, todo o que ocorre nelas, os fíos que unen á cidadanía.
Aquí tedes o cartel deste día.
Nós, aínda que cun pouco de atraso, imos celebrar este día coa inauguración da BiblioFlora. As nenas e os nenos de 2º de Educación Primaria téñennos preparada unha pequena sorpresa. Ademais, o alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria faranos de "guía" para ensinarnos a biblioteca e presentará o proxecto no que imos traballar este curso.
Xa estamos rematando. Chega o verán e imos ter moito tempo para facer moitas cousas e, entre elas, non debemos deixar de ler. Por iso é que vos propoño lecturas, xogos, cine e música para toda a familia, para poder desfrutar tod@s xunt@s.