Xa estamos na semana de Nadal e xa temos na entrada as árbores que fixestes coas vosas familias. Quedaron preciosas!!! Hainas de todo tipo e materiais.
E tamén temos xa os marcapáxinas cos que imos felicitarnos o Nadal entre tod@s @s do cole.
O próximo día 10 de decembro é o Declaración Universal dos dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, en 1948.
"Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos"(artigo 1)
A partir disto, a Declaración fala dos dereitos de todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición.
É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en 500 idiomas. Aínda queda moito camiño por recorrer para que todos eses dereitos sexan respectados, polo que hai que seguir traballando para conseguilo.
O lema deste ano 2022, no que se celebra o seu 75 aniversario, é ...
"Dignidad, liberdade e xustiza para todos".
E aquí tedes un vídeo para coñecer estes dereitos.
Na Biblioflora, tedes tamén unha exposición de libros para profundizar e poder desenvolver actividades sobre o tema.
E aquí tedes unha canción dedicada aos Dereitos humanos d@s nen@s.
Hoxe quero ensinarvos un libro precioso, 27 casas, de Raúl Vacas e ilustrado por David Pintor, de La Guaridaediciones.
"Pasa al inerior del libro, descálzate antes de leer, aviva el fuego en el hogar.
Qué a gusto se está adentro."
27 casas é un abecedario de casas construídas con poesías. Son poemas para entrar a vivir e reflexionar sobre a importancia de
ter un fogar, un refuxio, unha gorida. Poemas que falan do adentro e do afora das casas e os corazóns.
O 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:
"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"
E pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Solicita aos estados que tomen aas medidas necesarias para que poidan acceder á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos para a súa integración.
Aquí tedes algún vídeo que vos ensina a entender mellor ás persoas con discapacidade.
Ayúdanos a imaginar el mundo, no que Idoya, unha rapaza de 20 anos con xordocegueira, e o pianista Fedor Veselov, protagonizan a primeira curtametraxe da Federación Española de Xordocegueira.
Louis, curta na que o protagonista, de 10 anos, quedou xordo sendo pequeno. Gústalle xogar coas súas mascotas favoritas: os caracois: Nembargantes, non lle gusta nada a escola.
Fragmento da películaAl frente de la clase,onde podemos ver un exemplo de inclusión nunha clase dun neno con Síndrome de Tourette.
Perfectas diferencias, curtametraxe sobre a inclusión.
Purl
Rompecabezas, que conta a vida de Sofía, unha nena co Trastorno do Espectro Autista, para a que ter un día normal non é nada fácil. Tod@s esperan que se comporte dunha determinada maneira e ninguén entende o seu mundo.
Academia de especialistas,ensina dunha maneira amena e divertida as habilidades especiais que teñen moitas persoas con autismo e que non sempre se comprenden cando se ven dende fóra.
Día y noche,
ensínanos a maneira de convivir pacificamente e respectando ás demais
persoas. Dúas persoas diferentes atopan puntos en común e chegan a
valorar positivamente a diversidade da outra.
Podedes ver este vídeo, co que podedes entender o concepto de discapacidades. para comprender o que significa ser xordo, cego, ter dificultades de mobilidade, para relacionarse ou de aprendizaxe, así como o valor que posúe o esforzo que fan @s nen@s con discapacidade para integrarse na sociedade.
Super Lucía, ensina que cada persoa é diferente, que todas as persoas temos cousas que se nos dan ben e outras que non tanto, e que é normal que todas as persoas, nalgún momento poidan necesitar axuda.
Cachito, é un conto que narra a historia de Óscar, un neno con discapacidade.
Tamén podedes escoitar a canción "El pozo de Arán", de Carlos Núñez, que trata dunha nai que leva ao seu fillo cego á illa de Arán, onde poderá recuperar a vista. O vídeo, grazas á colaboración da ONCE, conta coa colaboración dun neno cego.
Sam é o mellor amigo de Julia e Julia é a mellor amiga de Sam. Sam é SUPERtímido e Julia é SUPERcuriosa. Xunt@s viven un montón de aventuras e conseguen meterse nalgúns líos!!!
Os días pasan voando nesta casa. Atréveste a entrar??
Descubrirás un escondite secreto, daraslle a benvida a un rato encantador, farás deliciosas "tortitas"...
E aquí tedes a Julia e a Sam na nosa biblioteca e facéndolle compañía a Flora. Que andarán argallando??
Se queredes ver a historia de como a autora construiu esta casa, clicade na imaxe
O 25 N é un día moi importante para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para conseguir a súa erradicación. Este día é necesario reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.
Todos os días temos que "traballar" para que esta violencia contra as mulleres desapareza. O máis importante é conseguir que as mulleres e os homes sexan iguais en todos os aspectos da súa vida.
Aquí tedes algunhas cousiñas (curtas, contos, libros...) para que reflexionedes sobre este tema.
Podedes desfrutar dos contos de...
Maruxa
Rosa Caramelo
Artur e Clementina
Eu vou comigo
Aquí tedes algúns libros que vos poden axudar nas actividades destes días.
Recordade que a palabra máis importante para poñer fin á violencia é RESPECTO. Xunt@s temos que ser capaces de eliminar esa violencia.
E aquí tedes un montón de libros que temos na biblioteca sobre este tema.